Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - O legado romano de Rías Baixas - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

O legado romano de Rías Baixas

Retrocedemos ao redor de dous mil anos para mergullarnos no patrimonio romano da provincia de Pontevedra

13/03/2018
Toralla

Vilas romanas

Se falamos de citanías romanas, unha das máis coñecidas na provincia é a aldea romana de Toralla. Coñecida tamén como leira Mirambell, ten a particularidade de que é a única vila romana da comunidade galega que se escavou integramente e pódese visitar. Data dos séculos IV a V despois de Cristo e atópase preto da popular praia de Samil, Vigo.

Ademais desta vila, outros restos arqueolóxicos permiten supoñer a existencia de enclaves romanos en puntos como Santa Trega (A Guarda), onde existe un poboado castrexo, do mesmo xeito que en castro Alobre (Vilagarcía de Arousa) e o de Doade (Lalín). Mentres que no xacemento da Lanzada sitúase unha antiga necrópole, do mesmo xeito que o Adro Vello do Grove. Pola súa banda, os restos de Igrexa Vella (Valga), é do século IV d. C. tardo-romano que se reutilizou ata o XVIII. E aínda que non está conservada para visitas, outro xacemento sería o de Porta de Arcos (Rodeiro).

Salinas romanas

A pesar de que en moitas partes da costa pontevedresa existen outras salinas romanas como en Bueu, A Illa de Arousa , O Grove ou Oia, é a da cidade de Vigo a que conta cunha das máis relevantes ademais de única no mundo. Trátase de Salinae, a única salina mariña de evaporación solar que se conserva e pódese visitar de todo o que foi o Imperio Romano. Agora está xestionada polo Museo do Mar de Galicia, e localízase  na zona do Arenal de Vigo.

Pontes romanas

Tamén son numerosos as pontes construídas naquela época e que maxistralmente aguantan o transcurso do tempo. Férreos pasos polos que en moitas ocasións cruzamos sen darnos conta da historia que hai debaixo dos nosos pés.

É o caso de Ponte Sampaio, onde se viviu unha decisiva batalla na expulsión dos franceses en 1809. A conmemoración da batalla recréase anualmente no mes de xuño. A ponte une as vilas de Arcade (Soutomaior) e Ponte Sampaio (Pontevedra).

O mesmo ano, a ponte de Achas (A Cañiza) sería testemuña doutra batalla no que españois e ingleses loitaron conxuntamente contra os franceses. No caso da ponte de Pontecesures, historiadores indican que a orixe da súa construción vén da man de César Augusto. Data do século I.

Outras pontes de orixe ou posible orixe romana serían os de Noceifas (A Cañiza), Cernadela (Mondariz), Mañufe (Gondomar) e Bermaña (Caldas de Reis), que é paso tamén do Camiño Portugués.

No caso da ponte "romana" de Pintelos, o nome débese á lenda de que debaixo do mesmo os romanos construíron túneles para esconder certos tesouros. Cruza o río Deva na Cañiza.

Vías Romanas

Trátase das Vías Atlánticas que utilizaba o antigo imperio desde Braga (Portugal) ata Lugo, tamén coñecido como itinerario Antonino (Bracara Augusta –Lucus Augusti). Data do século II d. C. e buscaba dinamizar as conexións entre cidades, xa sexa por interese militar ou comercial.

Na actualidade búscase protexer e conservar, ademais de valorizar como espazo natural e cultural a través da promoción turística. No seu paso por Pontevedra distinguen ata catro etapas.

Vicus Spacorum

Vicus Spacorum

O legado romano complétase da mellor forma posible a través da celebración Vicus Spacorum. Unha festa que se organiza en setembro no barrio de Pau de Navia de Vigo e que en 2018 chegará á súa edición número VII.

Como curiosidade final, en 2017 presentouse o libro Deza Augusta de Manuel Mosquera Fernández, sobre a historia da comarca de Deza e no que expón a posibilidade de que dita comarca fose capital da antiga Galhaecia.

Ademais destes recursos romanos, a provincia conta con numerosos complexos arqueolóxicos da mesma época pertencentes á cultura castrexa.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124