Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - As mellores festas enolóxicas en Rías Baixas - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

As mellores festas enolóxicas en Rías Baixas

A Denominación de Orixe Rías Baixas conta con tres grandes festas de interese turístico en Pontevedra ao redor do viño. A provincia suma aos festexos espirituosos a Mostra da Anguía e Caña do País de Valga

22/05/2018

Este fin de semana terán lugar as Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño Rías Baixas. Un encontro que chega a súa sétima edición e que reflicte o bo momento no que se sitúa a Denominación de Orixe Rías Baixas. Nos últimos anos as exportacións aumentaron exponencialmente, 2017 foi a segunda mellor colleita da última década e o seu produto estrela, o viño Albariño, foi laureado por magazines especializados como Wine Folly que colabora para The New York Times.

Ademais das actividades preparadas para esta semana, os festexos ao redor dos viños e a enogastronomía galega teñen catro citas imprescindibles nos próximos meses na provincia de Pontevedra:

Copas de vino albariño
Fiesta Vino Albariño en Cambados

Feira do Viño do Rosal

É a primeira en suceder das grandes citas enolóxicas da provincia e cuxa celebración adoita caer a mediados de xullo.

Por colleita, esta subzona da Denominación de Orixe é a terceira e a súa localización preto da fronteira permite que moitas das persoas visitantes sexan lusas.

Festa do Albariño de Cambados

É a maior festa ao redor do Albariño na provincia. Lonxe de ser unha celebración máis, trátase dunha Festa de Interese Turístico Nacional que durante varios días reúne a miles de persoas para saborear este caldo galego. Non en balde, Cambados ostentou o título de Cidade Europea do Viño durante todo 2017. En 2018 está programada desde o mércores 1 ata o domingo 5 de agosto.

Aproveitando a ocasión, unha suxestión é achegarse ao Museo do Viño da cidade, o primeiro nesta temática na comunidade galega e un dos primeiros a nivel nacional.

A Festa do Viño do Condado do Tea é a segunda celebración gastronómica máis lonxeva de toda Galicia

Festa do Viño do Condado do Tea de Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño é a capital da subzona Condado do Tea, segunda na produción de uva da Denominación de Orixe, e a feira alzase como o maior encontro para degustar a elaboración anual das súas adegas. Trátase dun festexo que goza da particularidade de ser a segunda festa gastronómica máis lonxeva de toda Galicia. En 2018 alcanza a súa 59 edición e o encontro adoita realizarse na fortaleza da vila.

Ademais desta celebración, desde fai cinco tempadas, a cidade acolle a primeira semana de cada decembro a Festa do Viño Espumoso D.O. Rías Baixas. O obxectivo é fomentar o produto local e os viños espumosos aproveitando a campaña do Nadal. Tamén en decembro, o municipio acolle a Festa do Viño Novo de Arantei.

Festa da Anguía e Mostra da Caña do país en Valga

Aínda que non está dedicada ao viño, a festa de Valga entra por dereito dentro das celebracións enogastronómicas máis populares da provincia de Pontevedra. Combina a bebida espirituosa e augardente tradicional co pracer da degustación da anguía. A súa festa vén acompañada de actividades culturais e a noite do sábado adoitan preparar unha máxica queimada para todas as persoas asistentes.

Outras festas ao redor do viño na provincia de Pontevedra

Ademais destas catro festas de Interese Turístico na provincia, pódense localizar outras citas ao redor da enoloxía pontevedresa, como as festas do viño de Romai en Portas, a Mostra do viño de Vilaboa en maio, a do Viño Tinto do Salnés en Barrantes e Ribadumia a primeira semana de xuño, a de Barro a mediados de xuño, a do Viño Tinto Rías Baixas das Neves en xullo e as festas do viño do Pelete na Lama en setembro.

Etiquetas: portada, fiestas gastronomicas, fiestas de interés turístico, fiestas rías baixas, enogastronomía
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124