Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - O Grove, presente na Feira de Turismo Ornitolóxico 2018 - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

O Grove, presente na Feira de Turismo Ornitolóxico 2018

O concello da ría de Arousa estará presente na Feira Internacional de Turismo Ornitolóxico (FIO 2018) en Monfragüe, Estremadura

23/02/2018
Observando Aves

O Grove estará presente na actual Feira Internacional de Turismo Ornitolóxico, que este ano se desenvolve desde o 23 ata o 25 de febreiro en Cáceres, Estremadura. O lugar elixido foi o Parque Nacional de Monfragüe.

A representación do municipio galego asistirá xunto con persoas da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife (Sociedade Española de Ornitoloxía). Ademais de participar nas diferentes actividades, dispoñerán de encontros e reunións con profesionais do sector turístico a nivel nacional e internacional como axentes de turismo de Reino Unido, Francia, Suecia, Noruega, Dinamarca, Alemaña, Suíza ou mesmo de China. Os encontros, duns 15 minutos, buscan vender ao Grove como un destino ornitolóxico atractivo dentro dun turismo que está á alza e cuxos turistas teñen un perfil de alto poder adquisitivo.

A feira de 2018, que alcanza a súa XIII Edición, é a máis importante de España e atópase entre as máis importantes de Europa. Ademais das diferentes casetas e exposicións, sucederanse durante todo o fin de semana actividades infantís, familiares, rutas guiadas e mesmo bolsas de contratación por algunha das empresas ou entidades participantes.

O Grove apostou nos últimos anos por esta actividade turística que por unha banda atrae a visitantes fora da época estival, fomentando o turismo "desestacionalizador", e por outra, permite apoiar a conservación de contornas naturais de gran valor como é o Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Este complexo está protexido pola Rede Natura 2000 e goza da distinción de Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA). A área esténdese máis aló do municipio. Case 3.000 hectáreas, das que o 62 % corresponden a área mariña e onde residen ata 53 especies protexidas, das que 40 delas son aves.

Trátase da feira máis importante de España e unha das máis importantes de Europa

O propio municipio conta co programa PIO (Proxecto de Investimento Ornitolóxico), co obxectivo de conservar a biodiversidade destes hábitats e impulsar a súa sustentabilidade. Proxecto que conta co respaldo da Fundación Biodiversidade e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

A páxina oficial ofrece un amplo abanico de opcións con respecto a este turismo. Desde os puntos recomendados para observar aves, así como material multimedia, un catálogo de especies, suxestións para o aloxamento e un portal de noticias onde manterse informado das diferentes actividades, como saídas grupais.

Ademais do complexo intermareal, Rías Baixas conta con outros espazos protexidos ZEPA dignos para amantes da ornitoloxía. Estes son o Parque Nacional das Illas Atlánticas e o Estuario do Miño.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124