Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Oito rutas de sendeirismo para coñecer o río Ulla de Rías Baixas - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Oito rutas de sendeirismo para coñecer o río Ulla de Rías Baixas

Desde maio ata outubro hai programadas vinte rutas para coñecer a senda fluvial do Ulla. Oito delas transcorren por municipios da provincia de Pontevedra

15/05/2018
Río Ulla, Pontevedra

Rías Baixas é ben coñecida pola súa bela orografía rodeada dunha infinidade de praias. Pero Pontevedra goza ademais dun interior de luxo bañada por diferentes ríos que embelecen aínda máis a provincia. Se polo sur é o río Miño quen marca a fronteira con Portugal, polo norte é o río Ulla quen fai de fronteira natural coa veciña A Coruña.

En total, ata oito municipios de Pontevedra comunican directamente coas augas deste río, cuxa ribeira Ulla-Deza está ademais incluída na Rede Natura 2000. Agora, un programa promovido polos concellos polos que transcorren as súas augas, permite percorrer os escenarios desta senda fluvial.

Estas son as rutas de sendeirismo do programa 'Goza do Ulla 2018' o seu paso pola provincia de Pontevedra:

 

Vilagarcía de Arousa

A primeira das rutas que pisará chan pontevedrés será a de Vilagarcía de Arousa o 10 de xuño. Será sobre un percorrido de 19 quilómetros con saída desde o miradoiro de Xiabre ata o encoro. Algunhas suxestións para visitar na zona son as diferentes casas señoriais e os seus xardíns incluídos nas rutas dos pazos como o pazo de Rubianes. Un paseo polo centro é sempre recomendable, así como achegarse ao castro Alobre ou á Illa de Cortegada se a ocasión o permite.

Agolada

Se a cita de Vilagarcía de Arousa achéganos á desembocadura do río, o 11 de agosto o itinerario lévanos máis preto do seu nacemento no seu primeiro paso por Pontevedra. Agolada. Un percorrido de 11 quilómetros máis alcanzable para todos os públicos e que permitirá coñecer ás persoas asistentes o Sobreiral do Arnego. Unha cita obrigatoria no mesmo municipio é o mercado medieval Os Pendellos, un dos conxuntos históricos da provincia máis relevantes.

A Estrada

O 1 de setembro o percorrido lévanos durante 12 quilómetros á Estrada. O municipio déixanos decenas de espazos naturais onde pasar un bo día en familia ou facendo deporte polos seus montes. Exemplo deles son os seus pazos como o pazo de Oca, ríos para bañarse no verán ou recunchos protexidos como as Brañas de Xestoso.

A Rede Natura 2000 busca a protección de ata 1.600 hectáreas do sistema fluvial Ulla-Deza

Valga

Unha semana despois, o 8 de setembro, é a quenda de Valga. Xa case na desembocadura do río, o percorrido de 10 quilómetros discorrerá polo val do Ulla. Entre os seus recunchos atopamos desde o miradoiro de Monte Beiro ata espazos máxicos perdidos nos seus bosques como as fervenzas de Parafita.

Pontecesures

E un día despois, o 9 de setembro, o paseo lévanos ao municipio veciño de Pontecesures cuxa ruta é lixeiramente máis longa cos seus case 18 quilómetros. Polo concello pasa o Camiño de Santiago Portugués, e entre o seu patrimonio local destaca a súa ponte romana datada no século I.

Silleda e Vila de Cruces

O nome do itinerario é “Roteiro da historia”, e parte desde a praia de Cira ata Gres en Vila de Cruces o 22 de setembro. Ambos os municipios son bos embaixadores do interior galego. Rodeados dunha natureza envexable, atopamos decenas de castros ou fervenzas como as do Férveda, un enorme patrimonio de arquitectura relixiosa no que sobresae o mosteiro de Carboeiro ou espazos naturais como a serra do Candán no sur. Ao finalizar a ruta en Gres, as persoas asistentes coñecerán a popular Ponte de Ledesma.

Catoira

O 30 de setembro volvemos á desembocadura do Ulla para percorrer 16 quilómetros na beira de Catoira . Famosa polas torres de Oeste, o municipio déixanos bos carreiros para camiñar, recunchos como a lagoa Pedras Miúdas ou un legado etnográfico de muíños de marea e vento bastante interesante como os de Abalo .

As citas en Pontevedra finalizan o 28 de outubro noutra ruta por Vila de Cruces.

En canto ao resto de percorridos programados para os municipios de Lugo e A Coruña, son os seguintes: en Lugo, 26 e 27 de maio en Monterroso e Palas de Rei respectivamente, e posteriormente en Antas de Ulla o 1 de xullo. Na Coruña, Boqueixón 2 de xuño, Dodro 9 de xuño, Vedra 5 de agosto, Teo 15 de setembro, Arzúa 29 de setembro, Padrón 6 de outubro, Rianxo 13 de outubro, Santiso 20 de outubro e Touro 27 de outubro.

Para participar nestas rutas de sendeirismo 'Goza do Ulla 2018' é necesario inscribirse a través do email: gozadoulla@gmail.com

Etiquetas: portada, que hacer en pontevedra, rutas en pontevedra, rutas senderismo pontevedra, senderismo pontevedra, turismo activo pontevedra, turismo de naturaleza pontevedra
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124