Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia -Plans con nenas e nenos nas Rías Baixas agora que acaba o cole - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Plans con nenas e nenos nas Rías Baixas agora que acaba o cole

Grandes parques, praias de bandeira azul, o castelo de Soutomaior, paseos en bicicleta…Propoñémosvos ideas para pasar un verán divertido coas e cos pequenos

21/06/2018

As clases acábanse, a temperatura sobe e por diante vén un verán repleto de divertidos plans en familia nas Rías Baixas . Praias, festas, parques, sendeirismo, museos con amenas exposicións e orixinais coleccións,… A lista de actividades con nenas e nenos na provincia de Pontevedra é inabarcable. Suxerímosvos algunhas ideas para espremer a tempada estival.

PRAIAS DE AUGA SALGADA E DOCE . Un plan de éxito garantido é pasar o día nas praias das Rías Baixas. Ata 55 contan este ano con bandeira azul, 54 delas na costa, desde o estuario do río Miño na Guarda ata Vilagarcía de Arousa; e unha no interior, a da Calzada, en Ponte Caldelas Hai centos de magníficos areais nas tres rías (Vigo, Pontevedra e Arousa), e praias fluviais na Cañiza, A Estrada, A Lama, Arbo, As Neves, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Fornelos de Montes, Lalín, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Tui, Valga e Vila de Cruces.

PARQUE NACIONAL ILLASATLÁNTICAS . Estas xoias naturais deben figurar en subliñado na axenda estival das Rías Baixas. As Illas Cíes compoñen un paraíso idílico, con dúas praias de bandeira azul (a formidable Rodas e Figueiras), e unha impresionante ruta ata o faro, entre outros atractivos. As Ons, cunha beleza salvaxe, están salpicadas de praias entre as súas rocas e cantís. Varias navieiras realizan o transporte regular a ambos os arquipélagos, pero lembrade que para viaxar a Cíes é necesaria unha autorización especial ante a limitación de visitas diarias, e convén realizar o trámite con tempo. Cortegada, en Vilagarcía de Arousa e co bosque de loureiros máis grande de Europa, é a outra illa do Parque Nacional na provincia de Pontevedra, e é posible visitala en excursións marítimas.

ÁREAS DE XOGO . A Finca de Briz ou Parque dos Sentidos en Marín é un espazo máxico con xogos nas súas sendas, zona multiaventura na cima e unha gran riqueza botánica. Salvaterra de Miño acolle o megaparque da Canuda, o máis grande das Rías Baixas, con fileiras de tobogáns e randeeiras, circuíto de educación viaria, estanques con patos e cisnes, áreas arborezades e outros espazos ata sumar 200.000 metros cadrados para o lecer.

A Aldea Grobit na Toxa (O Grove) homenaxea aos parentes afastados dos hobbits, seres fantásticos que segundo a lenda viven baixo terra pero de cando en vez soben á superficie. Casas, xogos e coloristas árbores aseguran a diversión neste recinto. Castrelos é o gran parque urbano de Vigo. Loce un parque infantil con tirolesa e modernos xogos para diferentes idades.

CASTELO DE SOUTOMAIOR . A fortaleza alberga agora un estupendo museo no que se explica de maneira amena a súa historia e avatares desde a construción no século XII, así como as vivencias dos seus personaxes máis ilustres como Pedro Madruga ou María Vinyals. Caixas máxicas, 3D, quebracabezas e pantallas interactivas farán que nenas e nenos aprendan e xoguen á vez.

MUSEO GALEGO DA MARIONETA (LALÍN) . A catedral do mundo dos monicreques en Galicia conta cunha excelente colección de pezas e un rico fondo documental relacionado con esta arte que non só encanta á cativada, senón tamén aos adultos. Está situado ademais no magnífico pazo de Liñares .

PARQUE DA NATUREZA DO RÍO BAROSA (BARRO) . As rocas polas que baixa a auga das fervenzas énchense no verán de familias que acoden a refrescarse e pasar o día neste belo enclave polo que pasa o Camiño Portugués a Santiago. O parque conta, xunto á fervenza, con catorce antigos muíños restaurados , ademais dunha zona recreativa.

PASEOS A PÉ OU EN BICICLETA . Costa e interior da provincia de Pontevedra contan con belas sendas para gozar da exuberante natureza autóctona, xa sexa cun paseo a pé ou en bicicleta. A modo de referencia propoñémosvos seguir as doce rutas distinguidas como sendeiros azuis no litoral.

FERVENZA DO TOXA (SILLEDA). A fervenza, cun salto de auga de máis de 30 metros de altura, é un auténtico espectáculo que pode admirarse aos seus pés ou desde o miradoiro situado na contorna. É recomendable seguir tamén para completar a xornada a ruta ata o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, unha xoia do románico oxival galego e símbolo da comarca de Deza .

VIGOZOO . O zoo da maior cidade de Galicia experimentou un gran cambio nos últimos anos. O recinto municipal, –onde habitan tigres, leóns, osos pardos, linces europeos, aguias, bufos, cisnes, boas ou tartarugas, entre outras moitas especies–, oferta unha ampla programación durante o verán, con acampadas familiares, campamentos matinais e de fin de semana, e accións de voluntariado.

Etiquetas: portada, planes con niños en pontevedra
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124