Tempo de centolas nos restaurantes do Grove

O Grove fai honra á súa lema "paraíso do marisco" cunha nova celebración gastronómica que concede todo o protagonismo aos manxares da ría. Esta vez é a centola o produto estrela que a localidade ofrece as persoas visitantes, coincidindo co inicio da tempada de capturas dos crustáceos.
En total son 43 os restaurantes que se sumaron á Festa de Exaltación da Centola, que chega este ano ao seu décimo quinta edición. O evento prolongarase ata o 10 de decembro e, sen dúbida, sumará un atractivo máis ao Grove durante a ponte da Inmaculada.
Durante estes días, os restaurantes da localidade ofrecen diferentes preparacións da centola, desde o prato clásico que presenta a centola cocida e fragmentada en partes, incluído a cuncha co seu característico recheo natural; ata receitas máis sofisticadas que elaboran a centola en ensaladas e cócteles.
A hostalería asegura que este ano a centola é dunha calidade excelente e moi abundante, o que permitiu abaratar o prezo con respecto a edicións anteriores. O prezo medio da centola nun restaurante rolda os 30 euros por quilo, o que supón un aforro de 10 euros respecto ao pasado ano, que houbo escaseza de produto.
Ecos da Festa do Marisco
A Festa de Exaltación da Centola toma a substitución da Festa do Marisco, que se celebrou en outubro e que este ano bateu todos os récords, con máis de 100.000 racións vendidas en 10 días. A centola é precisamente un dos mariscos ausentes na oferta gastronómica da Festa do Marisco, xa que as datas coinciden co período de veda biolóxica da especie.
A campaña de captura da centola e o boi de mar nas Rías Baixas arrincou o pasado 13 de novembro e estenderase ata o mes de xuño. Os maiores prezos alcanzaranse, previsiblemente en Nadal.