Sinsal SON Estrella Galicia
Unha atmosfera especial envolve a illa de San Simón durante a celebración de Sinsal, un festival imprescindible cun cartel musical secreto. O público descoñece quen sairá ao escenario ata que desembarca na illa. Artistas de distintos continentes actúan nesta cita que inclúe unha programación paralela con microconcertos acústicos en Santo Antón, actividades acuáticas, exposicións, paseos por San Simón para coñecer a illa e obradoiros creativos familiares de reciclaxe.
Onde: Illa de San Simón (Redondela)
Cando: 26, 27 e 28 de xullo