Fiestas en Rías Baixas

Illas Atlánticas

Illa de Cortegada

As illas atlánticas ofrecen paisaxes incomparables e gardan unha impresionante biodiversidade, tanto en terra coma nos seus fondos. Descubre as praias, os cantís, os faros e as rutas deste territorio insular protexido que atrae visitantes de todo o mundo á provincia de Pontevedra.

Un bosque de loureiros en plena ría de Arousa? A illa de Cortegada, separada por apenas 200 metros da costa do Carril (Vilagarcía de Arousa ), alberga o bosque de loureiros de maior superficie de España, unha auténtica xoia da natureza. Neste fermoso enclave insular, especialmente frondoso, conviven árbores centenarias con especies arbóreas autóctonas coma carballos, piñeiros ou salgueiros.

Unha serie de pequenas lagoas, as ruínas dunha antiga ermida e un cruceiro forman parte desta fermosa paraxe, habitada no pasado, creando un ambiente máxico e misterioso. A illa de Cortegada é a maior dun arquipélago que conta con outras illas coma as Malveiras ou as Briñas. Cando baixa a marea emerxe das augas o antigo Camiño do Carro, un carreiro que permite acceder a pé á illa, utilizado noutros tempos para transportar cargas.

Isla de Cortegada

Mencionada no século I por Plinio como Corticata, a historia pasou por ela deixando multitude de pegadas: un mosteiro na Idade Media ocupou un terreo onde agora só queda unha igrexa e un cruceiro. Ata o século XX estivo habitada por colonas e colonos que labraban as súas terras e pagaban rendas ao Pazo da Golpelleira. Aínda quedan restos das súas casas entre a frondosidade da vexetación, un casarón do século XIX, cortes, pozos e un hospital construído no século XVII e reutilizado como lazareto.

Foi no século XX cando o pobo quixo doala ao rei Afonso XIII pero finalmente elixiu Santander para establecer alí a súa residencia de veraneo, no Palacio de La Magdalena. Posteriormente vendida, a declaración do arquipélago como parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas garantirá a supervivencia do seu bosque de laurisilvas, permanecendo aberta ao uso público para coñecer a súa historia e a súa natureza.

Superficie: 191 hectáreas (43,8 terrestres e 147,2 mariñas)

  •  
    Illa de Cortegada
  •  
    Illa de Cortegada
  •  
    Illa de Cortegada
  •  
    Illa de Cortegada

illas atlánticas...