Fiestas en Rías Baixas

Pon a provincia de Pontevedra na túa cesta

Compra produtos de calidade das Rías Baixas e degústaos na casa a calquera hora do día

A terra, o mar, as rías e os ríos da provincia de Pontevedra abastecen cada día tendas e mercados da mellor materia prima. As produtoras e produtores esfórzanse por cultivala, criala e extraela cun modelo sustentable. As e os comerciantes póñena á túa disposición para que degustes alimentos de calidade na túa casa. Enche a túa cesta coa horta, o campo, a vide e as augas das Rías Baixas. Daranche a enerxía que necesitas no teu fogar e compensarás o esforzo de miles de persoas que realizan un traballo esencial para ti.

"O NOSO MAR"

As rías e toda a costa da provincia son unha despensa de mariscos e peixes de primeira calidade e enorme variedade. A frota pesqueira e as mariscadoras e mariscadores saen faenar a diario en barco e a pé para extraer o mellor dos fondos mariños e fornecer os puntos de venda de produtos frescos.

"O NOSO CAMPO"

O selo Ternera Gallega acredita a excelencia das carnes de vacún da provincia, que tamén ofrece magníficos produtos ovinos, porcinos e doutros armentíos, criadas con grande esmero polas e polos produtores. Na provincia existen dúas denominacións de orixe de queixos: Tetilla e Arzúa-Ulloa..

"O NOSO VIÑO"

As cinco subzonas da Denominación de Orixe Rías Baixas producen viños recoñecidos en todo o mundo. As adegas coidan ao máximo o proceso para obter os mellores caldos, desde o cultivo da vide ata o embotellado. A Ruta do Viño é unha grande experiencia para introducirse na viticultura das Rías Baixas.

"A NOSA HORTA"

Grelos, patacas, pementos da Denominación de Orixe Herbón, cebolas... Os campos de cultivo da provincia, grazas ao traballo das e dos agricultores, abastecen os mercados e demais distribuidores dunha materia prima de calidade perfectamente integrada no receitario tradicional de Galicia e tamén na cociña de vangarda.

Vídeos: terra, mar e río

Lamprea de Arbo

Albariño de O Salnés

Pan de Lalín

Marisco de O Grove