Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Percorre As Rías Baixas na moto de Alicia Sornosa - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Percorre As Rías Baixas na moto de Alicia Sornosa

A xornalista española, primeira muller de fala hispana en percorrer o mundo en moto, realiza unha ruta de tres días pola provincia de Pontevedra

28/05/2018

Cun percorrido circular que arrinca hoxe en Vigo co que visitará emblemáticos espazos turísticos como o Castro de Santa Trega, o castelo de Soutomaior, A Lanzada ou Cabo Home, a blogueira e motorista Alicia Sornosa gozará ata o mércores dunha espectacular ruta en moto pola provincia de Pontevedra. Tras unha exitosa experiencia o ano pasado que a levou a descubrir en catro rutas a costa atlántica de punta a punta , a primeira muller de fala hispana en dar a volta ao mundo en moto regresa para vivir unha experiencia que axuntará viaxe, cultura, paisaxe e gastronomía.

Tres días en moto pola costa e o interior da provincia de Pontevedra

A cidade olívica, a maior urbe de Galicia e que conta cunha oferta cultural, hostaleira, paisaxística e cultural ideal para toda a familia, é o punto de partida dunha ruta que a levará na súa primeira xornada, entre outros, ao Castro de Santa Trega, un poboado castrexo-romano datado entre os séculos IV a. C. e I d. C., recoñecido por ser un dos maiores das terras galegas, con petróglifos de 2.000 anos de antigüidade, e por ofrecer unhas espectaculares vistas da fronteira natural entre Galicia e Portugal que debuxa o río Miño.

Monte Santa Tegra
Castros Monte Santa Tegra, A Guarda, Pontevedra

O interior da provincia de Pontevedra ten moito que ofrecer, por iso no seu segundo día de viaxe Alicia Sornosa visitará os viñedos do Condado, boa mostra da calidade dunha Denominación de Orixe Rías Baixas, que traspasa fronteiras e que anualmente bate récords de vendas; os espectaculares xardíns do Pazo de Oca na Estrada, coñecidos como “o Versalles galego”; e o castelo de Soutomaior, unha incrible manifestación do rico patrimonio fortificado da provincia con belos xardíns no que ademais se acaba de reabrir ao público o seu novo museo, con recursos interactivos, xogos e paneis informativos cos que descubrir a historia de forma entretida.

Pazo de Oca, A Estrada
Castelo Soutomaior, Pontevedra

O último día de viaxe en moto polas Rías Baixas levará a Alicia Sornosa á comarca costeira do Salnés, famosa polas súas adegas, as súas belas praias e recursos patrimoniais como a Torre da Lanzada, o único que sobrevive dunha antiga fortaleza erixida sobre os restos dun faro fenicio ou romano no século X para defender a ría de Arousa. Tras unha breve parada en Pontevedra, na capital da provincia, cun centro histórico polo que ruar e gozar de gastronomía de calidade, a blogueira trasladarase á península do Morrazo para deleitarse coa espectacular panorámica da ría de Vigo desde O Facho e o internacionalmente recoñecido paisaxe das Illas Atlánticas desde Cabo Home, e volver de novo a Vigo.

Torre de A Lanzada
Monte Facho en Cangas, Pontevedra

Un lugar ideal para as dúas rodas

As Rías Baixas son unha contorna única para as dúas rodas. O gran número de núcleos pola dispersión poboacional ten debuxado na xeografía galega un mapa de estradas locais e comarcais e vías secundarias con suaves pendentes que xera un espazo único para descubrir o territorio en vehículos de dúas rodas. Ademais a provincia de Pontevedra conta co aliciente de esconder lugares recónditos de impresionante beleza e riqueza e unha proposta gastronómica singular e recoñecida que a fan aínda máis atractiva para este tipo de turismo.

Alicia Sornosa é unha xornalista e blogueira española que mostra as súas experiencias persoais polo mundo mentres viaxa sobre dúas rodas nas que, segundo as súas propias palabras, “o mellor da viaxe é coñecer outras culturas, a súa gastronomía e sobre todo… a súa xente!”. Recoñecida como a primeira muller de fala hispana en dar a volta ao globo na súa moto “Descubierta”, bautizada así en homenaxe ao barco da Expedición Malaspina do século XVIII, conta cun gran número de seguidoras e seguidores en redes sociais e é asidua colaboradora da guía Repsol.

Etiquetas: portada, ruta en moto provincia de pontevedra, ruta en moto rías baixas
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124