O paraíso paso a paso

As Rías Baixas ofrece rutas de sendeirismo incomparables pola costa e o interior

A mellor forma de mergullarse nas Rías Baixas é percorrelas paso a paso. Esta terra ofréceche rutas de sendeirismo de todos os niveis, así que poderás descubrila tanto se camiñar e coñecer paisaxes é unha afección como se tes moitos quilómetros sobre as túas pernas.

Á beira de ríos e regatos atoparás magníficos bosques de ribeira con vexetación autóctona. Antigos muíños, vestixios dun modo de vida do pasado, reciben a persoa visitante agora perfectamente restaurados, do mesmo xeito que fontes e lavadoiros tradicionais. Na provincia de Pontevedra a natureza e o patrimonio van da man.

Camiñar entre carballos e castiñeiros centenarios situarate en harmonía plena co contorno. Serras, montes e fragas ocultan un mundo de sensacións, cunha interesante flora e fauna que atoparás ao longo das infinitas sendas que sucan o territorio.

A costa das Rías Baixas quita a respiración. A través dos seus 300 quilómetros de litoral atoparás 55 praias con bandeira azul, vertixinosos cantís, impresionantes cabos con faros de lenda, belas enseadas e baías e fermosas vilas mariñeiras que aínda conservan intacta a súa arquitectura e tradicións.

Un mundo de rutas espérate. Ven descubrilas!

Mapa senderos
imagen-sendero
Sendero de A Fraga
Moaña
42.313736, -8.725744
15
km
Esta ruta de gran valor ecolóxico é a de maior atractivo en Moaña e atrae un gran número de sendeiristas. Desenvólvese ao longo do río da Fraga ou dos Ladróns, nace na Fraga (unha das zonas de Moaña situada a maior altura) e desemboca na Xunqueira, situada na parte baixa de Moaña, pegada á praia. A medida que subimos atopamos muíños de auga, uns 30 en total, ademais de leiras de labranza, canastros e, xa por último, no tramo alto da ruta, casas rurais típicas galegas. No traxecto tamén atopamos varias pozas aptas para o baño.
imagen-sendero
Sendero Azul entre faros, islas Cíes
Vigo
42.212272, -8.91248
12
km
Cíes está conformado polas illlas de Monteagudo, Faro e San Martiño. Xunto ao arquipélago de Ons, Salvora e Cortegada, Cíes forma parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. A ruta Entre Faros aproveita o trazado de dous percorridos existentes, o do faro de Cíes e o do faro do Peito, ofrecéndonos unha visión máis ampla do valor e da riqueza do espazo a través dun percorrido de ida e volta. Ao seu paso gozará da praia de Rodas, considerada a mellor praia do mundo, e do seu complexo dunar, do lago dos Nenos, do centro de información do Parque Nacional, do complexo dunar de Muxieiro-Figueiras, da praia de Figueiras, e do observatorio de aves.
imagen-sendero
Senda río Umia - Segade
Caldas de Reis
42.606323, -8.8623125
6,3
km
A ruta parte desde a alameda de Caldas de Reis, coa súa excelente carballeira e o parque botánico. O camiño avanza pola marxe esquerda do río, no medio da natureza, pasando por fervenzas e pontes ata chegar á fervenza de Segade, unha das máis fermosas das Rías Baixas. No mesmo contorno atópase a antiga fábrica de luz, símbolo industrial do pasado de Caldas.
imagen-sendero
Ruta da Pedra e da Auga
Ribadumia
42.493525, -8.773752
6,35
km
Conxunto de muíños de auga, construídos no ano 1700 na marxe esquerda do río Armenteira, no lugar de Serén. Estes foron os grandes enxeños da industria fariñeira, utilizados para moer diferentes tipos de gran ou cereal. Actualmente converteuse nun lugar pintoresco onde se mesturan a cultura tradicional e un contorno paisaxístico único.
imagen-sendero
Sendero de Os Carranos
Covelo
42.276039, -8.35241
7
km
A denominación da ruta ten a súa orixe no serradoiro hidráulico dos Carranos. Especial importancia teñen durante o percorrido os bosques de ribeira no nacemento do río Tea. O itinerario arranca na antiga casa reitoral de Fofe e diríxese cara á área recreativa da praia de Maceiras.
imagen-sendero
Sendero de As Fragas e Levados dos ríos Calvo e Deva
A Cañiza
42.17909, -8.301995
16,45
km
Esta ruta levarate a espazos máxicos de media montaña, onde se esconden os misterios dos ríos Calvo e Deva. Poderás visitar camiños esquecidos, lugares cheos de encanto e historia e recunchos inigualables onde se sitúan varios muíños, fervenzas, pozas e remansos.
imagen-sendero
Ruta de A Picaraña
Ponteareas
42.18169, -8.491704
6,9
km
Ruta circular de 6,9 km de baixa dificultade polos seus pequenos desniveis e moi fácil de seguir debido ao bo estado da sinalización.
imagen-sendero
Ruta de O Xabriña
Covelo
42.204105, -8.386904
16,5
km
Ao longo dos case 17 km. de lonxitude o principal protagonista é o río Xabriña, un dos afluentes do río Tea. A ruta combina á perfección o valor natural co rico patrimonio etnográfico da zona.
imagen-sendero
Ruta de los Molinos de Gargamala
Mondariz
42.261303, -8.448279
11,69
km
Ruta dos muíños rodeada de fermosa vexetación e puntos de interese durante a ruta. Ten puntos de parada para o descanso e merendeiro con sombra.
imagen-sendero
Ruta de los Puentes del Lérez
Forcarei
42.617561, -8.301554
13,8
km
A ruta parte desde o fermoso mosteiro de Santa María de Aciveiro e percorre a ribeira do Lérez no seu primeiro tramo ata a aldea de Gaxín. O itinerario cruza a ponte medieval de Andón, pon rumbo a Pico Valiñas e, a continuación, volve á beira do río na ponte da Carballa. O interesante bosque de ribeira acompaña as e os sendeiristas no seu trazado, que inclúe as pontes do Crego, Maril, Ponte Vella e Nova.
imagen-sendero
Sendero Circular de Agua de Parada
Silleda
42.714814, -8.268088
6,7
km
O conxunto de fontes e lavadoiros son o froito dunha paisaxe típica da Galicia máis rural onde non faltan os prados verdes, as casas de labranza e as pequenas explotacións gandeiras. Son un claro exemplo da transcendencia que a auga tivo na vida cotiá.
imagen-sendero
Sendero Circular de Zobra
Lalín
42.568237, -8.202992
18,9
km
Sendeiro circular que pasa pola parroquia de Zobra. Se se fai en bicicleta a dificultade aumenta polas fortes pendentes. Tamén se pode realizar en vehículo de motor (moto de montaña ou quad).
imagen-sendero
Sendero del Deza
Vila de Cruces y Silleda
42.766762, -8.273747
6
km
A ruta da comezo na fervenza do Toxa, e descende ao longo do río nos últimos metros ata desembocar no Deza. Crúzase este río por unha ponte de ferro para alcanzar a ermida de San Paio e, posteriormente, a localidade de Merza. Continúa ata a praia fluvial da Carixa e, despois dunha subida de certa dificultade, desvíase á dereita polo lugar da Portela, aínda que se podería acurtar o percorrido se se continúa estrada arriba cara ao balneario Baños da Brea para enlazar polo antigo camiño que levaba a Carboeiro.
imagen-sendero
Sendero Azul del litoral de A Guarda
A Guarda
41.873188, -8.871288
5,6
km
A senda litoral permite percorrer a costa da Guarda desde o porto ata a desembocadura do río Miño, finalizando na praia do Muíño. A senda é peonil nos seus 3,6 km e para bicicletas ata a metade do percorrido. Esta senda permite gozar da beleza da costa e da grandiosidade do océano.
imagen-sendero
Ruta de O Monte Aloia
Gondomar, O Porriño, Tui
42.081406, -8.669686
9
km
A través das ladeiras da sierra de O Galiñeiro, cruza zonas boscosas con excelentes vistas á ría de Vigo, ao val Miñor e ao Baixo Miño. Ademais, a ruta pasa por áreas de interese arqueolóxico ata chegar ao monte Aloia, declarado Parque Natural en 1978, o primeiro de Galicia.
imagen-sendero
Ruta de los Molinos do Folón e do Picón
O Rosal
3,5
km
Conxunto de 60 muíños hidráulicos dos séculos XVII e XVIII, declarados BIC en 1998. Os muíños atópanse divididos en dous tramos que reciben dous nomes diferenciados: • Muíños do Folón: 36 construcións na vertente do Folón, por onde discorre o regato tamén coñecido coma Folón • Muíños do Picón: 24 construcións da vertente do río Picón • Los molinos de O Folón: 36 construcciones en la vertiente de O Folón, por donde pasa el riachuelo también llamado Folón • Los molinos de O Picón: 24 construcciones de la vertiente del río Picón.
imagen-sendero
Sendero de los Pescadores Río - Tamuxe
O Rosal
41.921461, -8.78402
7,2
km
Grandes areais e marabillosas panorámicas do esteiro do río Miño acompáñannos nesta ruta apta para realizar en familia.
imagen-sendero
Sendero Azul Perimetral Bao - Xastelas
A Illa de Arousa
42.543704, -8.868257
2,5
km
A senda litoral que pasa pola zona sueste da Illa de Arousa une a praia do Bao co Espazo Natural do Carreirón. Ao longo do seu traxecto pódese observar unha gran variedade de praias segundo a súa forma, perfil e pendente, entre as que destacan as de media lúa, completas ou praias "de peto", así como unha gran variedade de ecosistemas, marismas e rochedos de gran valor paisaxístico.
imagen-sendero
Red de Senderos Azules de Sanxenxo
Sanxenxo
42.397556, -8.81636
25
km
Os sendeiros azuis cumpren unha función social importante ao constituíren excelentes lugares para gozar da natureza e tamén elementos vertebradores para o desenvolvemento, saúde e benestar do conxunto da sociedade. Sanxenxo conta cos seguintes tramos que enlazan con praias distinguidas con Bandeira Azul: Sendeiro Máxico da Lanzada, Sendeiro Magor–Montalvo, Sendeiro Montalvo–Paxariñas, Sendeiro Canelas–Punta Cabicastro, Sendeiro Sanxenxo–Portonovo, Sendeiro Areas–Punta Festiñanzo.
imagen-sendero
Sendero Con Negro - Arte Natural
O grove
42.466727, -8.936648
3.8
km
A ruta costeira ofrece un dos espazos mellor conservados e máis espectaculares da península do Grove. En certa medida o seu illamento fai del un lugar de praias pouco frecuentadas, dunha paisaxe pouco agredida e dunha beleza natural digna de coñecer. Este espazo rico en fauna e vexetación costeira forma parte da Rede Natura 2000. Este espacio rico en fauna y vegetación costera forma parte de la Red Natura 2000.
imagen-sendero
Sendero Azul de Cabo Udra
Bueu
42.321961, -8.825712
4
km
Pola costa oeste do municipio de Bueu, o Cabo Udra pon fin á baía de Aldán e sinala o principio da ría de Pontevedra nunha sucesión de pequenas enseadas entre puntos rochosos. Desde o cumio do cabo, a 91 metros de altitude, e desde o alto de Carafixo, a 129 metros, as panorámicas son sorprendentes, con vistas á ría de Pontevedra e á illa de Tambo. É na franxa costeira de Cabo Udra onde se atopan os principais valores desta ruta.
imagen-sendero
Sendero Azul de Donón
Cangas do Morrazo
42.270821, -8.860795
12,5
km
Ten o seu inicio na coñecida escultura Caracola de Donón, obra de Lito Portela, e descende cara ao complexo dunar da praia de Barra en dirección ao faro de punta Subrido, desde onde se poden contemplar unhas excelentes vistas panorámicas á ría de Vigo e ás illas Cíes. Ao pasar por punta Robaleira podemos visitar o faro de Cabo Home ata chegar á Costa da Vela, onde os cantís gañan protagonismo cun horizonte de mar aberto.
imagen-sendero
Red de Senderos Azules de Marín
Marín
42.390061, -8.714808
8,5
km
Trátase dunha senda de gran beleza que enlaza varios itinerarios que, unidos a praias ou portos con Bandeira Azul, contribúen positivamente ao uso sostible do litoral. Abarca os seguintes tramos: Ruta das Praias, Ruta dos Cinco Miradores e Ruta dos Montes e Praias.
imagen-sendero
Sendero Azul del litoral del monte de A Guía
Vigo
42.255554, -8.701816
6
km
Trátase dunha ruta circular que comeza no litoral para subir ao monte da Guía, a 128 m, desde onde se pode gozar dunha maxestosa vista da ría e da cidade Vigo.
imagen-sendero
Sendero Azul del litoral de Baiona
Baiona
42.113909, -8.818653
6
km
Os seis quilómetros de percorrido que constitúen o Sendeiro Litoral de Baiona unen a praia da Concheira e o espazo natural da Foz do Miñor. Destacan a flora e fauna existentes no traxecto, así como os servizos ao longo do percorrido, establecementos de hostalería, miradoiros ou áreas de descanso accesibles para persoas con dificultades de mobilidade. O tramo tamén inclúe sendeiros coma o de Monte Boi, pasa por todos os areais do municipio e polos portos deportivos e conecta co sendeiro fluvial de Baíña ou o observatorio de aves da Foz.
imagen-sendero
Sendero Azul de ribera y litoral: Camiño á Beiramar
Vigo
42.21775, -8.703511
8,1
km
Camiño á Beiramar é unha senda peonil accesible e practicable parcialmente en bicicleta que inicia o seu percorrido na avenida de Madrid e segue o curso do río Lagares ao longo de máis de 8,1 km ata chegar ás proximidades da súa desembocadura, onde se bifurca en dous tramos que, bordeando a costa, nos levan cara ao leste, onde está o areal de Adro, e cara ao oeste está o areal de Canido. O paseo pola ribeira do río Lagares achéganos a unha ruta ornitolóxica onde se atopan as aves máis representativas de cada zona.
imagen-sendero
Sendero rural de Galicia
Campo Lameiro, Soutomaior, Vigo
42.248234, -8.674341
12,6
km
Ruta de sendeirismo que percorre Vigo, Soutomaior, Campo Lameiro, Cequeril, Luou e Santiago de Compostela. É posible acceder a cabalo ou en bicicleta parcialmente.
imagen-sendero
Sendero Azul del río Verdugo
Ponte Caldelas
42.390203, -8.500288
9,8
km
Trátase dunha ruta circular que parte da praia fluvial da Calzada e pasa polas beiras do río Verdugo, enxalzando así os seus valores naturais e paisaxísticos, entre os que sobresaen elementos da etnografía popular coma as pontes e os muíños. Visitar Ponte Caldelas é unha oportunidade para estar en contacto coa natureza e gozar dun dos mellores paseos do interior de Galicia. A senda é a primeira de interior en toda España en contar con esta prestixiosa distinción concedida pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC).
imagen-sendero
Sendero Xunqueiras (O Santo Aparecido)
Pazos de Borbén
42.291492, -8.535351
16,32
km
Ruta de sendeirismo que comeza na igrexa de Xunqueiras e ao longo de máis de 10 km percorre as parroquias de Xunqueiras, Pazos e Borbén. É unha ruta que combina natureza e historia no seu percorrido ata culminar no Santo Aparecido, nos montes do Posiño, desde onde se pode gozar dunhas fermosas vistas do val do río Borbén.
imagen-sendero
Ruta de los Molinos de Riomaior
Vilaboa
42.337306, -8.673389
2,6
km
Ao longo do sendeiro atópase un conxunto de 35 muíños dispersos por ambas as ribeiras do río. Estes abastécense polo sistema de cable, que aínda se conserva hoxe en día.
imagen-sendero
Sendero de San Xusto
Cerdedo - Cotobade
42.516754, -8.511133
12,7
km
O sendeiro de San Xusto (PRG-29) pasa por antigas calzadas empedradas e camiños rurais. A riqueza da vexetación é extraordinaria: bosques de ribeira e algúns pequenos bosques caducifolios autóctonos. Son frecuentes os carballos, castiñeiros, bidueiros e piñeiros, así como zonas de vexetación densa na beira do río Lérez e doutros pequenos regatos. Ao longo do percorrido pásase por oito muíños, catro deles en Baños de San Xusto, dous en San Xurxo, un en Cutián e, por último, o “muíño do medo”.
imagen-sendero
Sendero de As Almiñas e do Foxo do Lobo
Ponte Caldelas
42.386459, -8.461513
10,11
km
Ruta de sendeirismo na que podemos contemplar tanto a arquitectura popular coma a etnografía e natureza do río Verdugo. Cruza os pasos da Fraga, de Portasouto e da Coveliña en dirección á aldea de Porcinas, que se dirixe ao Foxo do Lobo. A ruta continua por Augasantas e retorna ao paso de Coveliña para finalizar este percorrido circular.
imagen-sendero
Sendero de los Molinos del Río Barosa
Barro
42.555447, -8.631723
2
km
Este sendeiro sitúase no Parque Natural Ría Barosa. Un lugar cunha excepcional topografía pola que pasa o río Barosa creando unha fervenza sobre a que se asentan os muíños, que forman un complexo hidráulico de grande interese. Unha parada fundamental en pleno Camiño Portugués cara a Compostela ao seu paso polo termo municipal de Barro.
Senderos imprescindibles de Rías Baixas
(Selecciona as características)