Ruta Judía de Tui
A comuna xudía medieval de Tui tivo unha gran importancia na cidade, deixando unha ampla herdanza cultural que fai de Tui o principal núcleo xudeu e xudeoconverso de Galicia.
Unha das características máis destacables da comunidade xudía tudense é a súa integración dentro da cidade, convivindo cos cristiáns sen que se rexistrasen conflitos sociais durante a Idade Media. O exemplo máis importante móstrase na catedral, en cuxo claustro gótico se conserva unha menorá gravada ou candelabro de sete brazos, testemuño da cooperación da comunidade xudía da cidade co poder político e económico, o Cabildo e o Bispo, para construír no século XIII una das xoias arquitectónicas de Tui como é o seu claustro.
Os xudeus de Tui contaron con todos os elementos propios da súa comunidade relixiosa: Sinagoga xunto á muralla medieval e os antigos palacios episcopais, cemiterio xunto ao arrabalde histórico da cidade coñecido como Riomuiños, e a súa comunidade como a casa de Salomón ou a de Moisés ou Aaron situadas na rúa das Monxas que datan do século XV, ademais da Torre do Xudeu xunto a vivírona varios membros da comunidade xudía entre os séculos XIII e XIV.
A expulsión dos xudeus en 1492 e a posterior conversión forzosa de moitos deles en Portugal en 1497 provocou o incremento de tensións sociais. A inquisición en numerosos procesos da zona orixinaron algúns episodios importantes da historia social da cidade, tales como a reacción do cabildo de Tui tras o ascenso social dalgunhas familias xudeoconversas coma o Coronel ou os Saravia, ante o nomeamento de Francisco Coronel como canónigo da Catedral no ano 1600.
Dentro da comunidade tudense destacaron os prateiros que traballaron para a Catedral, obras de gran calidade como cálices, cruces, acetres ou cetros que mostraban a súa pericia e a súa tradición artesanal, e consérvanse no Museo Catedralicio, así como os extraordinarios "sambenitos" exhibidos no Museo Diocesano, que son un conxunto de teas cos nomes dos xudaizantes penitenciados polo Santo Oficio e son os únicos conservados en España
Servizos
- Punto de información: Sí
Atención ao cliente
- Idioma: Castellano, Galego, Inglés, Portugués
Accesos
- Las infraestructuras del recurso están adaptadas para personas con discapacidad: Sí
- Los accesos al recurso están adaptados para personas con discapacidad: Sí
- Accesos a pie: Sí
Características
- Descrición do ámbito: Urbano
- Duración (horas): 2
- Tipología del Recorrido: Circular
- Interés Paisajístico: Elevado
- Dificultad : Media-baixa
- Tipología de la ruta: Cultural
- Estado de Conservación: Bo
Figuras de protección
- Figura de Protección: BIC