A provincia de Pontevedra déixase ver en FITUR 2018
Moitos e moitas representantes de Pontevedra xunto con alcaldes e alcaldesas, acompañaron os actos da Deputación á hora de promover as diferentes ofertas que ofrece a provincia. Ademais, como é habitual, a súa presenza foi aproveitada para facer novos contactos con touroperadores ou presentar os seus propios programas.
Somos historias
A Deputación de Pontevedra inaugurou as presentacións xerais do destino Rías Baixas baixo a campaña Somos historias. A idea vincula o Ano Europeo do Patrimonio Cultural co legado histórico da provincia, no que se recorreu a un personaxe histórico local, en este caso María Vinyals, para introducir a beleza desta parte do suroeste de Galicia.
Vigo
Vigo pola súa banda, asistiu avalada polo récord turístico de persoas do pasado ano. Nesta ocasión dirixiuse á feira co obxectivo de promocionar a vila costeira para superar os datos da tempada anterior.
O acto de promoción xirou sobre un dos puntos de maior atracción, as Ilas Cíes, cuxos representantes promoven para que sexa incluída pola UNESCO na súa lista de Patrimonio da Humanidade.
Pontevedra
En canto a Pontevedra, centrouse no turismo deportivo, xa que será a sede do pentacampeonato do mundo en World Multisport 2019, o cal se calcula convocará a ao redor de 4.000 atletas. Os encontros deportivos que se inclúen son os de tríatlon cros, dúatlon, aquatlón, tríatlon de longa distancia e aquabike. O obxectivo é comezar a crear unha nova fusión entre o turismo e o deporte. Idea que xa deixaron ver recentemente co seu mapa turístico para runners.
Xeodestino O Condado-A Paradanta
Algunhas das propostas viñan da man de "xeodestinos" como o presentado por Terras do Condado–A Parandata , que inclúe os nove municipios destas dúas comarcas do sur de Pontevedra (Arbo, A Cañiza, As Neves, Covelo, Crecrente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra de Miño). Ao proxecto tamén se sumou a localidade de Salceda de Caselas .
O obxectivo, presentar a súa zona como un paquete común no que as e os turistas poden gozar das características inherentes dun territorio especial e diferenciado dentro de Pontevedra.
Ademais, aproveitouse para reivindicar as Festas de Interese Turístico que o xeodestino ofrece, como o internacional e recoñecido Corpus Christi de Ponteareas , a Festa da Lamprea de Arbo, a Feira do requeixo e o mel das Neves, a Feira do Xamón da Cañiza ou a Romaría da Franqueira, tamén na Cañiza.
Rías Baixas estivo encabezada polo programa da Deputación Somos historias, que triunfou nas redes sociais
O Salnés Dixital
A Mancomunidade do Salnés, pola súa banda, participou presentando tamén o seu propio programa. Un proxecto que une á maioría de municipios da comarca, O Grove, Ribadumia, A Illa de Arousa , Cambados, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
A novidade residía na nova forma de dar a coñecer a comarca, nada menos que a través dunha aplicación para iOs e Android que permite visionar tanto o territorio do Salnés, como identificar os diferentes puntos de interese ou atopar os espazos de maior atracción dos concellos. Trátase dunha aplicación de realidade aumentada que ademais permite promover rutas turísticas dentro dos municipios participantes.


Outros municipios
Outras cidades tamén tiveron presenza na Feira de Turismo para a súa promoción a nivel individual. É no caso da Guarda, que acode á cita desde 2011 e no que este ano promovía un turismo de calidad á vez que apoiaba a súa Festa do Monte para que sexa recoñecida como Festa de Interese Turístico Nacional.
De igual maneira, Baiona introduciu a súa gran celebración, a Festa da Arribada da Carabela Pinta, Festa de Interese Turístico Internacional que en 2018 alcanza o seu XXIII edición e conmemorará o 525 aniversario da chegada. As datas programadas para este ano son do dous ao catro de marzo.
Tamén de Interese Turístico Internacional é A Rapa das Bestas de Sabucedo , coa que A Estrada presentouse na Feira e cuxas datas caen este ano entre o 6 e o 9 de xullo. Ribadumia quixo dar notoriedade ás súas Festa do Tinto e a súa Festa do Pan. Mentres, a poucas semanas da celebración, Lalín mostraba unha das primeiras grandes festas de Rías Baixas para o primeiro trimestre de 2018, a súa Feira do Cocido. Os representantes deste municipio agradeceron que se incluíse ao Rally do Cocido dentro do Campionato de España de Rallys (CERA) fora de prazo. A localidade, igualmente, participou xunto con Ponferrada na presentación do Camiño de Inverno.