Cruzando camiños
Buscador

Camiño Portugués

O Camiño Portugués xerou desde o século XII importantes vínculos sociais, económicos e culturais entre Galicia e Portugal. A ruta tradicional entra nas Rías Baixas a través de Tui, tras cruzar Valença, e continúa polo Porriño cara a Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis e Pontecesures, pasando por catorce concellos. Desde a raia que marca o río Miño ata Santiago de Compostela as peregrinas e peregrinos percorren unha distancia de 120 quilómetros, dos que 93 corresponden á provincia de Pontevedra.

Ríos, espazos naturais, fermosos conxuntos históricos coma o de Tui ou Pontevedra, illas, termas, bosques e fervenzas compoñen esta fermosa ruta, de dificultade moderada, a segunda con máis peregrinacións de todas as oficiais, que superou en 2016 os 52.000 camiñantes; e tamén a que máis crece: un 20 % o ano pasado. Máis da metade dos que gozan desta experiencia son persoas estranxeiras, o que acredita a proxección internacional do Camiño Portugués. Propoñémosche realizalo en cinco etapas.

Camino Portugués

 

  • Camiño de Santiago

    Ti non fas o camiño, o camiño faite
    Imagen folleto

    Podemos dicir sen ningunha dúbida que o Camiño de Santiago é a ruta máis antiga e máis coñecida de Europa. É todo un emblema e a súa fama débese ao seu carácter aventureiro que reúne a peregrinos, camiñantes ou simples trotamundos baixo una mesma misión: chegar a Santiago de Compostela.

    es en Outros idiomas: Icono idiomas