Fiestas en Rías Baixas

Entroido

Un mar de disfraces, desfiles e moita festa

Goza das animadas comparsas e os orixinais “enterros” do Entroido

Xenerais, madamas e galáns, Meco, Ravachol, sardiñas, Momo… As Rías Baixas mergúllanse no Entroido con centos de festas, desfiles de comparsas e “enterros”. Cada entroido é único. Pontevedra enterra o seu famoso e histórico papagaio Ravachol; Vigo axustiza o Meco; Cangas sacrifica o Momo; unha longa lista de concellos (Moaña, Baiona, Caldas de Reis, Ponteareas, O Grove…) despídese da sardiña —nalgúns casos precedida do adeus á xoubiña, para as nenas e os nenos—; Salvaterra de Miño enterra, como non, a lamprea; Tomiño a Taíña… A lista de cerimonias na provincia de Pontevedra é case interminable, xa que o Entroido se estende tamén a decenas de parroquias que celebran a súa propia festa.

Entroido en Bueu

Comparsas, charangas e outras agrupacións desfilan polas rúas e os recunchos das Rías Baixas coa súa música, os seus bailes e o seu humor, apto para todos os públicos. E a gastronomía tamén se viste de gala durante esta tempada. O cocido e o lacón con grelos convértense nos protagonistas indiscutibles da mesa, seguidos doutros deliciosos doces típicos destas datas, as filloas e as orellas. Estes son algúns dos festexos de Entroido imprescindibles nas Rías Baixas.

Entroido de Cobres (Vilaboa)

O tradicional Entroido de Cobres, segundo escritos da época, remóntase a principios do século XVIII e está declarado como Festa de Interese Turístico de GaliciaMadamas e galáns, con vistosas vestimentas, e outras persoas ataviadas de branco, interpretan danzas ao son dunha charanga. A vestimenta das madamas, que representan a mulleres de posición social elevada, está formada por un peto repleto de cadeas e outros adornos metálicos, unha blusa e unha saia branca, ambas as dúas adornadas con cintas de cores e diversas pasamanerías, zapatos negros e un gran chapeu de composición floral e outros elementos.

Entroido de Cobres
Entroido de Cobres

Os galáns, que escenifican a homes de alta escala social que buscan parella entre as madamas, locen camisa branca con adornos de cintas de cores, gravata vermella, pano de seda que cobre a cintura ata os xeonllos, pantalón branco, zapato negro e un chapeu de composición floral, coma no caso das madamas.

martes de Entroido, festivo en Vilaboa, ten lugar a Corrida do Galo, outra actividade destacada do Entroido de Cobres, un evento no que se respira tradición.

 [MÁIS SOBRE O ENTROIDO DE COBRES AQUÍ]

Os Xenerais da Ulla (Vila de Cruces, A Estrada y Silleda)

Semanas de elaboración e moito colorido distinguen o vestiario dos xenerais da Ulla. Dacabalo, estes personaxes propios dunha das manifestacións entroideiras máis tradicionais de Galicia, percorren os municipios, bañados polas augas do río Ulla, de Vila de Cruces, A Estrada e Silleda. Este tradicional e creativo Entroido forma parte das Festas de Interese Turístico de Galicia.

Xenerais do Ulla
Xenerais do Ulla

Xenerais e correos son os protagonistas da festa. Estes xinetes percorren as vilas dacabalo mentres entoan vivas acompañados dun exército de comparsas e coros. Desde unha moi temperá idade os xenerais enléanse nestas loitas, nas que nada nin ninguén parece estar a salvo: crónicas políticas, amorosas, sociais ou da actualidade local arrincan máis dunha gargallada ao público.

[MÁIS SOBRE OS XENERAIS DA ULLA AQUÍ]

Do rei Urco ao loro Ravachol (Pontevedra)

Entroido na capital da provincia, Pontevedra, garda unha longa tradición. Durante unha semana a súa variada proposta atrae a gran cantidade de visitantes. A chegada do rei Urco ás rúas da cidade anuncia o comezo do EntroidoDesfiles que enchen de cor e música as rúas máis emblemáticas da Boa Vila, concursos de disfraces e de filloas, xornadas gastronómicas, parodias en diversos puntos da cidade, o desembarco pirata e o concurso de charangas son a antesala perfecta para a cita máis importante do Entroido de Pontevedra: o enterro do loro Ravachol.

Loro Ravachol

Ravachol foi un loro que vivía na antiga botica da Peregrina, onde unha estatua homenaxea ao personaxe na actualidade. O dono da farmacia, Perfecto Feijoo, home culto e amigo dos faladoiros onde participaban desde Unamuno ata Ortega y Gasset, enfadábase co loro pola súa linguaxe e descaro. A morte deste querido paxaro e o seu curioso enterro multitudinario represéntanse de forma orixinal e divertida desde 1985 como actos centrais do Entroido pontevedrés.

Nunha das localidades da veciña península do Morrazo a clausura destas celebracións chega o domingo de Entroido co enterro doutra ave, neste caso sinistra, o chamado Paxaro de Mal Agoiro da localidade mariñeira de Bueu.

Enterro do Meco (Vigo)

cidade olívica cobre de encomios ao deus do Entroido, o Meco, coa súa entronización e o seu axustizamento poucos días despois. Durante o reinado deste deus pagán, representado cun boneco que cada ano adopta a forma dun personaxe ou elemento da crónica de actualidade, as rúas e as prazas máis emblemáticas da cidade énchense de bo ambiente, de comparsas e de moita folía. Os maleducados merdeiros, outros dos personaxes destacados deste festexo, correngritan e saltan co ánimo de asustar ás e os viandantes; armados cunha vara tentan golpear á xente coa que se atopan. Hai pouco máis dunha década recuperouse esta tradicional figura do Entroido de Vigo, xa que fora prohibida nos anos 20.

Entroido de Vigo
Entroido de Vigo

Antigamente vestirse de merdeiro era un costume habitual entre os mariñeiros da cidade. O obxectivo deste personaxe, nacido da rivalidade existente entre mariñeiros e labradores, era amolar á xente refregando ás súas vítimas con restos de peixe podrecido.

Finalmente, ao desafortunado Meco queimaráselle e choraráselle o martes de Entroido pola noite na Porta do Sol. Próximo a Vigo, o municipio de Redondela tamén venera á figura do Meco, que corre a mesma sorte que o da cidade olívica. Similar a este último, O Liborio da Illa de Arousa é un boneco que adopta unha forma distinta cada edición do Entroido, en representación a algún personaxe de actualidade, que acaba queimado á calor da fogueira. O Chapante é outro dos personaxes que protagonizan os enterros de Entroido das Rías Baixas, neste caso, o de Cuntis.

Enterro da Sardiña

tradición mariñeira das Rías Baixas propiciou que en moitos lugares da provincia de Pontevedra o Entroido se despida co Enterro da Sardiña e outras variacións. Así, nalgunhas vilas inclúese o Enterro da Xoubiña para as e os máis pequenos da familia.

Moaña, Baiona, Caldas de Reis, Marín, Cambados, O Grove e Ponteareas son algúns dos municipios que acompañarán á popular sardiña no seu camiño cara á fogueira.

Enterro da Sardiña

Enterro da Sardiña sofre variacións noutros recunchos da provincia, que bautizaron con nome propio ao personaxe que termina consumido polas chamas. Momo en Cangas e Vilanova de ArousaO Berete en Chapela (Redondela) e o Kiko en Nigrán, son algunhas delas. En Cangas levan a cabo durante o Entroido actuacións de damas e galáns que en setembro realizan as Danzas Ancestrais de Darbo, declaradas Festa de Interese Turístico.

Ligados ao río Miño, outros lugares deste destino cambian a sardiña por outros exemplares de auga doce, como é o caso de Goián (Tomiño), coa Taíña; ou Salvaterra de Miño, co Enterro da Lamprea.

O Grove, Interese Troulístico Internacional

Entroido do Grove autodenominouse como Festa de Interese Troulístico Internacional. Este acontecemento lúdico da vila marisqueira comeza cunha mostra da mellor gastronomía local nas ceas de comadres e compadres, antesala para quentar motores antes do Domingo Fareleiro.Entroido en Rías Baixas

Domingo Fareleiro é unha loita entre titáns na que as e os fareleiros encárganse de arroxar fariña ás e aos enfariñados, perseguidos polos primeiros para acabar cubertos dun manto branco. Finalmente, as e os participantes dos dous bandos rematan rebozados en fariña.

Con todo, o grande acontecemento do Entroido meco é o festival de comparsas, agrupacións que coa súa música, danzas e posta en escena satirizan os acontecementos do último ano. O desfile do martes de Entroido discorre polas principais rúas desta vila. O Entroido chega ao seu fin co Enterro de Dona Sardiña no peirao do Corgo.

¿Realidade ou ficción? 

Un loro con nome propio, uns xinetes que non deixan monicreque con cabeza ao máis puro estilo das cantigas de escarnio, o Meco que cada ano adopta unha personalidade diferente, madamas e galáns e o Enterro da Sardiña, convértense no centro de todas as miradas durante os entroidos na provincia de Pontevedra.

O deslinguado loro Ravachol de Pontevedra gañouse a simpatía das e dos veciños da Boa Vila que acudiron en masa ao seu enterro. O multitudinario funeral desta curiosa mascota coincidiu precisamente cos entroidos e, desde os anos 80, revívese cada ano esta tradición nestas datas.

Entroido

Coma se dos Xinetes da Apocalipse se tratase, cada ano chegan os xenerais da Ulla ás rúas dalgunhas das localidades bañadas polo río Ulla. Estes personaxes transmiten a crónica local de actualidade, provocando gargalladas entre as e os asistentes.

Da risa ao baile ao máis puro estilo tradicional, galáns e madamas executan as danzas ancestrais e convértense nos protagonistas do Entroido de Cobres.

Como colofón a esta época festiva e de diversión chegan os enterros a diversas localidades coa queima de figuras coma o Meco ou a sardiña. O primeiro aparece caracterizado como un personaxe distinto ligado á actualidade, e a sardiña é o peixe que se enterra tradicionalmente debido á cultura deste destino tan arraigada ao mar.