Fiestas en Rías Baixas

Festas

Carrusel de festas sen fin

Gastronomía, historia e tradición únense nos 52 eventos de interese

As grandes e pequenas festas da provincia de Pontevedra conservan intactas as tradicións máis arraigadas nesta terra, reviven grandes episodios históricos e renden culto aos mellores produtos culinarios das Rías Baixas.

Históricas, épicas, artísticas, gastronómicas… Estas grandes celebracións populares representan un dos trazos de identidade desta terra, medio centenar están declaradas de Interese Turístico, cinco delas con recoñecemento internacional. Un legado de enorme riqueza que atrae decenas de miles de persoas ano tras ano.

Festa do Viño

A Romaría Viquinga, a Arribada, as alfombras de Ponteareas, a Rapa das Bestas e a Festa do Albariño son as máis afamadas festas da provincia de Pontevedra. A elas únense outras 51 distinguidas a distintos niveis. Gastronomía, tradición, historia e moita diversión únense nestas celebracións multitudinarias.

Campañas pola igualdade e o medio

Diversión, sempre con respecto polo medio ambiente e sen cabida para condutas machistas. A Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas instalan nos festivais e nas grandes festas de interese turístico postos con información e outros materiais para concienciar a cidadanía e previr agresións sexuais (as campañas “Lembra, eu decido ti respectas” e “Conta comigo, eu respéctote) e sobre a necesidade de recoller plásticos e outros residuos para protexer o planeta (“Somos sostibles” e “Fame de SOStibilidade”). O lecer e o compromiso coa igualdade e o medio ambiente van da man nas Rías Baixas.