Fiestas en Rías Baixas

Festas

Nacionais

Pratos suculentos… e moita, moita auga

Dous clásicos gastronómicos, unha festa histórica e unha molladura multitudinaria

Marisco e lamprea son produtos imprescindibles na gastronomía de Rías Baixas. O Grove e Arbo réndenlles tributo con dúas antolóxicas festas declaradas de Interese Turístico Nacional. En Vilagarcía de Arousa miles de persoas reciben unha molladura multitudinaria na divertida Festa da Auga, que tamén conta con esta distinción, e Vigo regresa a 1809 para revivir a Reconquista fronte ao Exército de Napoleón. Vés gozalas?

Festa da Reconquista (Vigo)

Vigo regresa a marzo de 1809 durante a fin de semana da Reconquista, pero a rebelión do pobo fronte aos franceses daquelas datas é hoxe unha festa multitudinaria. A zona vella da cidade convértese nun enorme mercado ao aire libre polo que transitan centos de personaxes vestidos de época. O espírito daquela fazaña impregna o ambiente mentres miles de persoas se divirten nos postos de rúa, bares, restaurantes, taperías e terrazas. A escenificación da expulsión do exército galo é o acto principal.  [+ info]

Festa da Reconquista de Vigo

Festa do Marisco (O Grove)

O mundo do mar e o da hostalería, os dous sectores estratéxicos do Grove, conflúen neste evento creado en 1963 no que se mostran os mellores produtos da ría de Arousa. Miles de persoas danse cita na gran carpa instalada no contorno do porto e abarrotan tamén os restaurantes da localidade nun auténtico festín multitudinario dos mariscos con máis calidade en todo o mundo. [+ info]

Festa da Auga (Vilagarcía de Arousa)

As romeiras e romeiros de San Roque acudían a refrescarse despois da procesión para aliviar a calor do verán, e ese costume derivou nun gran acontecemento lúdico. A festa pagá, asociada aos actos relixiosos, reúne cada verán a miles de persoas. A lectura do pregón dá paso a unha ducha colectiva nas rúas coa axuda do corpo de bombeiros, protección civil e as veciñas e veciños armados desde xanelas e balcóns con caldeiros e mangueiras. [+ info]