Pratos suculentos… e moita, moita auga
Dous clásicos gastronómicos, unha festa histórica e unha molladura multitudinaria
O marisco é un produto imprescindible na gastronomía de Rías Baixas. O Grove réndenlles tributo cunha antolóxica festa declarada de Interese Turístico Nacional. En Vilagarcía de Arousa miles de persoas reciben unha molladura multitudinaria na divertida Festa da Auga, que tamén conta con esta distinción. Vigo regresa a 1809 para revivir a Reconquista fronte ao Exército de Napoleón mentres que en Bandeira (Silleda), a raíña é a empanada, outro dos clásicos das cociña galega. Vés gozalas?