Patrimonio Cultural
Buscador

Mosteiros

Maxestosas, pétreas, históricas. Así son as obras daarquitectura relixiosa que deixaron pegada na provincia de Pontevedra e no seu patrimonio, de incalculable valor. As Rías Baixas rebosan espiritualidade polos seus catro custados e proba diso son os numerosos mosteiros e igrexas que podemos atopar ao longo e ancho do territorio.

San Lourenzo de Carboeiro (Silleda)

No municipio de Silleda, inmerso nun fermoso val na ribeira dorío Deza, podemos visitar unha das xoias daarquitectura románica de Galicia, o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Esta construción, levantada sobre a antiga ermida de “Égica”, foi fundada no século X polos condes don Gonzalo e dona Teresa.

Na súa época de máximo esplendor, entre os séculos XI e XII, leva a cabo a edificación da igrexa, claramente influenciada polas obras da catedral de Santiago. A nave maior está composta por tres tramos separados por alicerces con columnas encostadas e capiteis con decoración vexetal. A fachada oriental, quizais a máis impresionante deste templo, está formada por unha gran ábsida de tripla capela sobre un pedestal de gran tamaño.

San Lourenzo de Carboeiro
San Lourenzo de Carboeiro

Santa María de Aciveiro (Forcarei)

Nas proximidades da serra do Candán, en Forcarei, podemos atopar este antigo mosteiro románico, que pertenceu á Orde do Císter, construído no ano 1135 baixo a tutela do rei Alfonso VII. A súa estrutura segue un estilo moi propio desta orde relixiosa xa que as súas dependencias -cociña, refectorio, scriptorium, sala capitular, cortes e celas dos monxes- distribúense en torno ao claustro.

Este cenobio, Monumento Histórico Artístico e declarado como Ben de Interese Cultural (BIC), conta con dous preciosos e sinxelos xardíns e unha igrexa, de planta basilical, dividida en tres naves e tres ábsidas de estilo románico. Na parte norte podemos atopar a porta dunha antiga fábrica románica. A fachada, formada por ábsidas semicirculares e unha imaxe da Virxe co neno no colo no tímpano, destaca pola súa sobriedade; foi totalmente reformada no século XVIII.

No interior resaltan un falso triforio na nave central, espazo duns 36 metros de lonxitude e 12 de altura, con columnas decoradas con diversos capiteis, e a imaxe da Última Cea no retablo. Na actualidade está totalmente rehabilitado e funciona como complexo hostaleiro.

Santa María de Aciveiro
Santa María de Aciveiro

San Xoán de Poio (Pontevedra)

San Xoán de Poio

Neste municipio, que linda coa cidade de Pontevedra e que conta con magníficas vistas á ría, atópase outro dos referentes da arquitectura relixiosa da provincia, o mosteiro de San Xoán de Poio. Esta construción, da que se ten constancia desde o ano 942, está formada por dous cenobios, un antigoconvento beneditino e un segundomercedario. Este mosteiro conta con dous claustros, o das procesións, do século XVI e o do cruceiro, construído no século XVIII.

A súa igrexa xunta diferentes estilos coma o renacemento ou o barroco. Deste templo podemos destacar o retablo do Altar Maior, realizado no ano 1735, con imaxes de mercedarios, da Virxe da Mercé e de San Xoán Bautista, e o retablo da capela do Cristo, onde se atopa o sepulcro de Santa Trahamunda.

Un magnífico xardín que alberga o hórreo máis grande de Galicia e a escaleira principal barroca da época da Orde da Mercé son outros dos elementos emblemáticos do conxunto relixioso.

San Salvador de Lérez (Pontevedra)

O mosteiro de San Salvador de Lérez, cuxa orixe se remonta ao século IX, fusiona elementos estruturais de diferentes estilos arquitectónicos como o barroco ou oneoclásico. Este mosteiro, da orde beneditina, foi reformado en diferentes épocas e un exemplo diso é a ampliación que sufriu no século XVII para albergar o Colexio de Artes e Filosofía.

Da súa construción orixinal consérvanse aescaleira, parte do claustro e o patio. Na fachada de estilo barroco desta igrexa neoclásica destaca a imaxe de San Bieito, recoñecido coma o máis milagreiro e ao que se honra cada 11 de xullo coa Romaría de San Benitiño de Lérez, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

San Salvador de Lérez
San Salvador de Lérez

Santa María de Armenteira (Meis)

Inmerso na natureza do monte Castrove, no municipio de Meis, podemos atopar o románico mosteiro de Santa María de Armenteira, absorbido pola Orde do Císter no século XII, cando levou a cabo a construción da actual igrexa. O templo é o único que se conserva do mosteiro primitivo.

Da súa arquitectura austera destacan o gran rosetón central que decora a fachada e o claustro do século XVI, con arcos de medio punto e bóveda de crucería. Na súa estrutura os contrafortes separan as tres naves que rematan con ábsidas semicirculares. Unha lenda sobre a orixe deste mosteiro di que Ero, un cabaleiro da corte de Alfonso VII, decidiu construílo a petición da Virxe nun soño, para redimirse da súa incapacidade de ter fillos coa súa muller.

Desde o ano 1989 unha pequena comunidade de monxas cistercienses habita o mosteiro e logrou un magnífico labor para a conservación deste mosteiro, que ademais é unha hospedería.

Santa María de Armenteira
Santa María de Armenteira

Santa María de Oia

Este mosteiro beneditino cuxa orixe se remonta ao século XII, catalogado na actualidade como Ben de Interese Cultural, conta cunha localización privilexiada a beiras do océano Atlántico. A arquitectura deste mosteiro, que pertenceu á Orde do Císter, integra elementos de diversos estilos coma o románico, o gótico ou o barroco. Algunhas das estancias máis destacadas desta construción son a sancristía, o claustro, os cuartos monacais, a biblioteca, a torre ou a fachada da igrexa.

A igrexa, de orixe románica, ten planta de cruz latina e nela destacan algúns elementos coma a bóveda estrelada, que cobre o coro do século XVI, ou o retablo maior, de estilo manierista do século XVII. A fachada do templo e a torre do campanario, ambas de estilo barroco, teñen a súa orixe no século XVIII.

Santa María de Oia
Santa María de Oia

San Salvador de Camanzo (Vila de Cruces)

San Salvador de Camanzo

Este mosteiro beneditino de Vila de Cruces foi fundado no século X polos condes don Gonzalo e dona Teresa. Durante o período de máximo esplendor do mosteiro, no século XII, coincidindo coa terminación do mosteiro de Carboeiro, edificouse unha igrexa no ano 1166, de planta basilical, que conta con tres naves e tres ábsidas. Na fachada deste templo, que se conserva na actualidade, podemos atopar a figura de San Salvador esculpida no tímpano.

Do antigo mosteiro desta construción declarada como Ben de Interese Turístico apenas quedan hoxe algúns restos, coma a arcada da sala capitular, formada por arcos semicirculares sobre dúas columnas ornamentados con adornos de follas e bólas.

San Pedro de Tenorio (Cotobade)

San Pedro de Tenorio

A orixe do mosteiro de San Pedro de Tenorio, en Cotobade, remóntase ao século X pois aparece nunha serie de documentos do mosteiro de San Salvador de Lérez, en Pontevedra, no ano 1073. Da antiga arquitectura románica deste mosteiro da orde beneditina só se conservan o antigo claustro e a esquina suroeste da igrexa, xunto con algunhas pezas coma un óculo, antigo rosetón da fachada.

Este conxunto arquitectónico conta cunha igrexa barroca, construída sobre outra anterior de orixe románica, que data do século XVIII. O claustro, de planta rectangular do século XVI, é de estilo barroco clásico e ten dúas alturas e tres ás. Ademais, conta cun magnífico xardín de laranxeiras.

San Pedro de Ansemil (Silleda)

Antigamente esta igrexa contemporánea do mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, cuxa orixe se remonta aos séculos IX e X, foi un convento habitado por monxas beneditinas. Esta construción está formada por dúas capelas que crean unha simbiose entre dous estilos arquitectónicos diferentes: o románico e o gótico.

A capela románica, de planta basilical, está formada por tres naves con tres tramos divididos por pilastras. Afachada principal destaca pola ornamentación de catro capiteis con diferentes motivos: un con dous leóns, dous deles con decorado vexetal e, o último, unha representación da decapitación dun personaxe.

Contigua á románica, atópase a capela gótica en honra a Santa Ana, coñecida tamén como capela Señorial dos Deza pois inclúe no seu interior o sepulcro do cabaleiro don Diego Gómez de Deza, que data do ano 1341. Sobre a porta principal hai unha imaxe da virxe co neno, que popularmente se denomina “A Virxe do Leite”. Ademais desta última capela destacan as ménsulas dos voados, que presentan diversos motivos.

San Pedro de Vilanova de Dozón (O Mosteiro)

San Pedro de Vilanova de Dozón

Na parroquia de Santa María de Dozón podemos atopar os restos deste antigo convento, fundado no século XII, do que se conserva case de forma intacta a súa igrexa, unha obra do románico que se mantivo practicamente sen modificacións. Podemos dicir, xa que existe documentación respecto diso, que dona Guntroda Suárez funda este convento nas súas terras para as monxas beneditinas.

Esta construción, dunha soa nave de planta rectangular, unida a unha ábsida semicircular mediante un tramo recto, presenta unha disposición arquitectónica moi peculiar. Está formada por tres fachadas e unha ábsida semicircular dividido en cinco tramos por dous pares de columnas e un tramo recto enmarcado por pilastras. A fachada sur corresponde coa parte na que se atopaba o antigo mosteiro. No interior desta austera e sinxela obra do románico os muros están completamente baleiros.

San Bartolomeu de Rebordáns (Tui)

San Bartolomeu de Rebordáns atópase na localidade de Tui, e moi próxima á súa catedral. Foi igrexa monástica primeiro cos beneditinos e máis tarde coa orde relixiosa dos agostiños ata o século XV. Durante os séculos XI e XII foi sede dos bispos tudenses e polo tanto exerceu como catedral de Tui nesa época.

O templo, que substituíu a un anterior prerrománico, está edificado coa materia prima por antonomasia de Galicia, ogranito. Nas reformas que sufriu no século XII é notoria ainfluencia arquitectónica da catedral de Santiago. No século XVIII suprimiuse a fachada románica pola actual. O máis destacado son as capelas absidais con capiteis, conservados da construción orixinal.

No seu interior podemos atopar murais que representan diferentes escenas, coma a degolación de San Xoán Bautista e a cea de Herodes, ou diversas imaxes sobre a Paixón de Cristo, realizadas aproximadamente no ano 1600 polo taller da familia Serveira.