Fiestas en Rías Baixas

Patrimonio

Patrimonio relixioso

Un legado celestial

Adéntrate nos grandes monumentos espirituais da provincia de Pontevedra

A paisaxe da provincia de Pontevedra e a súa historia están tinguidos de espiritualidade. Á beleza natural dos seus bosques, ríos, praias e o seu suave litoral únese a mística dos seus recunchos máxicos, de culto e retiro, onde illarse do mundanal ruído e vivir tamén parte da experiencia deste formidable destino turístico. Mosteiros, igrexas ou santuarios son remansos de paz situados en paisaxes idílicas de costa e interior.

A catedral de Santa María, en Tui, constitúe a xoia da coroa dun fermoso centro histórico a beira do río Miño. A súa fachada principal foi a primeira na península ibérica realizada en estilo gótico.

Iglesia de la PeregrinaInterior da igrexa da Peregrina en Pontevedra

A paisaxe urbana de Pontevedra non podería entenderse sen a silueta da Peregrina, santuario cunha característica forma de cuncha de vieira e parada obrigatoria no Camiño de Santiago. Tamén en Pontevedra se pode contemplar a magnificencia dunha das obras cumio do gótico de Galicia, a basílica de Santa María a Maior . A súa fachada foi concibida como un gran retablo en pedra.

Moi próxima a Pontevedra, aos pés do lendario Camiño Portugués, atópase a igrexa de San Martiño de Agudelo, en Barro. Do templo orixinal, construído no século XII, consérvanse a ábsida e a portada occidental. Neste mesmo camiño a Compostela, en Caldas de Reis, sitúase a igrexa de Santa Mariña de Carracedo, cunha gran torre de estilo barroco.

Situada no centro histórico de Vigo, a concatedral, popularmente coñecida como a Colexiata, acolle a imaxe do Cristo da Vitoria, o símbolo relixioso máis importante da cidade olívica.

En dirección sur, Panxón, en Nigrán, alberga un fabuloso templo obra do insigne arquitecto Antonio Palacios. O Templo Votivo do Mar, construído entre 1932 e 1937, foi consagrado á Virxe do Carme nun abigarrado estilo con influencias moi diversas. A continuación, en Baiona, atópase a capela de Santa Liberata, en honra á mártir filla da localidade e a primeira muller crucificada no mundo no ano 139, que se comezou a construír en 1695 por iniciativa popular.

  •  
    A Peregrina (Pontevedra)
  •  
    Templo Votivo del Mar (Nigrán)
  •  
    Catedral de Santa María (Tui)
  •  
    Santa María de Abades (Silleda)
  •  
    Concatedral de Vigo
  •  
    Concatedral de Vigo
  •  
    Capela Santa Liberata (Baiona)
  •  
    Basílica de Santa María (Pontevedra)
  •  
    San Martiño de Agudelo (Barro)
  •  
    Santa Mariña de Carracedo (Caldas de Reis)

A provincia de Pontevedra garda no seu interior magníficos templos inmersos na súa natureza. O impoñente santuario de Santa María de Abades, de estilo neoclásico, foi construído en Silleda no século XVIII; destaca pola grandiosidade da obra, na que sobresaen a cúpula e a torre, a máis alta da comarca.

Os fermosos mosteiros transmítennos unha impoñente quietude. Estes monumentos en pedra son o punto de partida (ou chegada) ideal en un percorrido pola natureza que os rodea, desde bosques a praderías e a beira do mar.