Fiestas en Rías Baixas

Patrimonio

Patrimonio relixioso

Un legado celestial

Adéntrate nos grandes monumentos espirituais da provincia de Pontevedra

A paisaxe da provincia de Pontevedra e a súa historia están tinguidos de espiritualidade. Á beleza natural dos seus bosques, ríos, praias e o seu suave litoral únese a mística dos seus recunchos máxicos, de culto e retiro, onde illarse do mundanal ruído e vivir tamén parte da experiencia deste formidable destino turístico. Mosteiros, igrexas ou santuarios son remansos de paz situados en paisaxes idílicas de costa e interior.

A catedral de Santa María, en Tui, constitúe a xoia da coroa dun fermoso centro histórico a beira do río Miño. A súa fachada principal foi a primeira na península ibérica realizada en estilo gótico.

Iglesia de la Peregrina

A paisaxe urbana de Pontevedra non podería entenderse sen a silueta da Peregrina, santuario cunha característica forma de cuncha de vieira e parada obrigatoria no Camiño de Santiago. Tamén en Pontevedra se pode contemplar a magnificencia dunha das obrascumio do gótico de Galicia, a basílica de Santa María a Maior . A súa fachada foi concibida como un gran retablo en pedra.

Situada no centro histórico de Vigo, a concatedral, popularmente coñecida como a Colexiata, acolle a imaxe do Cristo da Vitoria, o símbolo relixioso máis importante da cidade olívica.

Os fermosos mosteiros transmítennos unha impoñente quietude. Estes monumentos en pedra son o punto de partida (ou chegada) ideal en un percorrido pola natureza que os rodea, desde bosques a praderías e a beira do mar.

  •  
    A Peregrina (Pontevedra)
  •  
    Templo Votivo del Mar (Nigrán)
  •  
    Catedral de Santa María (Tui)
  •  
    Santa María de Abades (Silleda)
  •  
    Concatedral de Vigo
  •  
    Concatedral de Vigo
  •  
    Capela Santa Liberata (Baiona)
  •  
    Basílica de Santa María (Pontevedra)
  •  
    San Martiño de Agudelo (Barro)
  •  
    Santa Mariña de Carracedo (Valga)