Idioma
  • Español
  • Galego
  • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Film Commission
  • Descubre
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
  • Campañas
    • I Love Rías Baixas
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • E ti, como viaxas?
  • Acceso
  Facebook   Twitter   Instagram   Youtube

Logo Rias Baixas Noticia - Rías Baixas presume de festas de interese turístico cunha presentación conxunta - Detalle noticia - Turismo Rias Baixas

Icono mapa
Icono Instagram Icono Youtube Icono Twitter Icono Facebook
  • +
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • +
    Idioma
    • Español
    • Galego
    • English
  • O teu destino
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza-Tabeirós-Montes
    • Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
    Pazo Quiñones de León Ruinas de San Domingos Torre de San Sadurniño O Facho
    Fraga de Catasós O Picón e O Folón Fonte da Gándara Torres de Oeste
    1 2
     

    Imprescindibles

    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Castelos
    • Miradoiros
    • Castros
    • Conxuntos Históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Descubre

    Cando volves?

    Cando volves?
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas e Festivales
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
    Enogastronomia Naturaleza Cultura Termalismo Rural Turismo activo Nautico Patrimonio Fiestas
  • Inspírate
    Rutas Sabores Paisaxes Deporte Auga Arte/monumentos Tradicións Historia

    escapadas

    Pontevedra nun paseo

    Pasea polo centro, visita o espléndido museo e terracea nas prazas

    Vistas fronte ás Cíes

    Percorre os conxuntos históricos de Vigo e Baiona e mergúllate na súa apaixonante historia

    Terra de viñedos e lamprea

    Goza das augas de Mondariz e descubre os viños do Tea

  • Guía útil
    Como chegar
    Como moverse
    Guías e mapas
    Rede de oficinas
    Calidade turística
    Pontevedra Provincia Film Commission
    Atopa o teu recurso
  • Actualidade
    Axenda
    Novas
    Newsletter
    Multimedia
    Plan Estratéxico de Turismo
    Boas prácticas sostibles
  • Inicio/
  • Actualidade/
  • Novas/
  • Detalle noticia/
Icono lupa
Escoitar
Compartir
Twitter
Facebook
Pinterest
Whatsapp

Rías Baixas presume de festas de interese turístico cunha presentación conxunta

Turismo Rías Baixas promocionará nun paquete conxunto as 9 festas de interese turístico nacional e internacional que se celebran na provincia este ano, na procura dun turismo de calidade e desestacionalizador

05/02/2018
Rías Baixas presume de fiestas de interés turístico con una presentación conjunta

A Deputación de Pontevedra repite coas festas de interese turístico a exitosa fórmula ensaiada cos #RíasBaixasFests, que agrupou baixo unha campaña de promoción conxunta e unha única marca os festivais de música máis relevantes da provincia. Así, a presidenta provincial, Carmela Silva, reuniu na sede de Turismo Rías Baixas, en Pontevedra, aos e as representantes dos municipios que acollen festas de excelencia para presentar nun único paquete as datas e as principais novidades das edicións deste ano.

Son nove as festas da provincia catalogadas de interese turístico; catro delas, gozan do recoñecemento internacional: a Festa da Arribada de Baiona, a Romaría Viquinga de Catoira, o Corpus Crhisti de Ponteareas e Rapa das Bestas da Estrada; e outras 5 son de interese nacional: a Festa do Albariño de Cambados, a Festa do Marisco do Grove, a Feira do Cocido de Lalín, a Festa da lamprea de Arbo, e a Festa da auga de Vilagarcía de Arousa.  

"Grazas por ser capaces de entender que xuntos e xuntas somos máis fortes. Dar imaxe de provincia é positivo para todo o territorio, e para cada un dos municipios", sinalou Carmela Silva, dirixíndose aos e as representantes municipais. A presidenta destacou que o Plan Estratéxico de Turismo identifica as festas de interese turístico nacional e internacional como un produto estratéxico que se debe poñer en valor como unha marca singular. Ademais, as festas de interese turístico "teñen a capacidade de atraer este tipo de turismo que queremos na provincia, desestacionalizador, con visitantes que buscan a gastronomía de excelencia, cultura e paisaxe".

Como continuación á campaña turística #SomosHistorias, presentada en Fitur, Turismo Rías Baixas dará a coñecer de forma conxunta as festas de interese turístico en todos os eventos de promoción aos que acuda. O eixo da campaña é a posta en valor do patrimonio da provincia de Pontevedra; neste sentido, as festas de interese turístico enmárcanse no patrimonio inmaterial, xa que están baseadas nunha profunda tradición e arraigamento local que as fai únicas.

As festas nacionais

Feira do Cocido (nacional). Lalín, domingo 4 de febreiro. É a festa do inverno, por excelencia e a primeira do calendario de festas nacións da provincia. Comezou como unha xornada de exaltación gastronómica e a súa duración foise prolongando, de forma que xa se celebra o "Mes do Cocido". O cartel conmemorativo sempre está asociado á posta en valor das artes plásticas, dada a importante canteira artística lalinense. En 2018 cumpriu 50 anos.

Festa da Lamprea. Arbo, 27, 28 e 29 de abril de 2018. Festa de referencia na primavera, está dedicada a exaltar un produto claramente asociado ao destino Rías Baixas e cualificado como "a raíña do Miño". A festa cumpre este ano o seu 38 aniversario e o seu alcance vai máis aló da propia lamprea, xa que actúa a modo de escaparate dos produtos de calidade da comarca do Condado-A Paradanta.

Festa do Albariño. Cambados, do 1 ao 5 de agosto de 2018 celébrase a 66 edición desta festa que ten a clasificación de "interese nacional" desde 1990. A súa orixe remóntase a un concurso entre adegas, coincidindo coa festividade da Virxe da Pastora, patroa de Cambados. Hoxe é un multitudinario evento que en 2017 congregou a máis de 200.000 persoas e que converteu a vila na capital mundial do Albariño.

Festa da Auga. Vilagarcía de Arousa, 16 de agosto de 2018. Vilagarcía rememora o costume dos romeiros e romeiras de San Roque, que pedían refrescarse despois da procesión, cun gran remollo colectivo. Esta festa pagá asociada a un acto relixioso xa conta con 34 anos de celebración e reúne cada ano a miles de persoas. A súa antigüidade, a súa continuidade, a súa orixinalidade e a súa diversidade valéronlle o recoñecemento de interese turístico.

Festa do Marisco. O Grove, do 4 ao 18 de outubro de 2018. Os dous sectores estratéxicos do municipio, o mundo do mar e o da hostalería, conflúen neste evento que actúa de escaparate dos mellores produtos da ría de Arousa . Nos últimos anos foi evolucionando cara á concienciación sobre a sustentabilidade dos produtos do mar e a calidade. Deste compromiso, xurdiu o acordo coa confraría de pescadores que garante a trazabilidade de todo o marisco e a súa procedencia 100 % galega. En 2018 cumpre 55 anos de celebración.

As festas internacionais

Festa da Arribada. Baiona, 3 de marzo de 2018. Esta festa recrea o anuncio do descubrimento de América e os modos de vida da época mediante a celebración dun gran evento lúdico xa consolidado como unha das feiras medievais máis espectaculares de Galicia. En 2018 se cumpre o 525 aniversario do regreso da Carabela Pinta tras o descubrimento. As praias de Baiona e o seu centro histórico, declarado conxunto artístico, contribúen ao éxito da festa ano tras ano.

Corpus Crhisti. Ponteareas, 3 de xuño de 2018. O que comezou como unha tradición de comezos do século XX para facer pequenas alfombras ao paso da procesión de Corpus foi máis aló do estritamente relixioso e hoxe é un evento de arte efémera no que se implican co seu traballo todos os veciños e veciñas. A vila engalánase con máis 5.000 metros cadrados de alfombras florais, realizadas pola comunidade local, que colleita flor durante todo o ano e esfóllaa con tesón e paciencia. Unha festa que mobiliza os sentidos da vista, o tacto e o olfacto.

Rapa das Bestas. A Estrada, do 6 ao 9 de xullo de 2018 celébrase unha festa de tradición local datada no século XVIII na que a comunidade local desparasitaba as bestas. En Sabucedo non úsanse cordas, nin varas nin aparellos para reducir ao animal senón que son os "aloitadores" e "aloitadoras" os que cortan as crinas e desparasitan os animais no curro os días da festa e durante o ano coidan as mandas que pacen libre no monte. A Rapa das Bestas é ademais icona fotográfica de Galicia.

Romaría Viquinga. Catoira, 5 de agosto de 2018. A recreación do desembarco viquingo nas Torres de Oeste celebra a súa 58 edición co seu habitual espectáculo teatral ao que asisten cada ano miles de persoas. O evento pon en valor a cultura identificativa de numerosos pobos da Europa Atlántica.

Etiquetas: portada
Volver a Noticias

Diputación de Pontevedra
≡ Mapa do sitio
  • Destino Rías Baixas
    • Pontevedra
    • Vigo
    • O Salnés
    • O Morrazo
    • Deza e Tabeirós-Terra de Montes
    • O Baixo Miño
    • O Condado-Paradanta
    • Ulla-Umia
  • Imprescindibles - Lo que no debes perderte en Rías Baixas
    • Castelos
    • Illas Atlánticas
    • Faros
    • Ruta da Camelia
    • Praias
    • Miradoiros
    • Castros
    • Centros históricos
    • Ruta do Viño
    • Pazos
  • Pontevedra Provincia Film Commission
  • Descobre Rías Baixas, un destino máxico
    • Enogastronomía
    • Natureza
    • Cultura
    • Termalismo
    • Turismo activo
    • Patrimonio
    • Festas
    • Camiño de Santiago
    • Turismo litoral
  • Inspírate - Plans para vivir As Rías Baixas
    • Rutas
    • Sabores
    • Paisaxes
    • Deporte
    • Auga
    • Arte e monumentos
    • Tradicións
    • Historia
  • Escapadas - Viaxes de 1, 2 e 3 días
    • A costa de O Grove
    • Interior norte
    • Sur das Rías Baixas
  • Guía útil - mapas, oficinas, transportes
    • Como chegar
    • Como moverme
    • Guías e mapas
    • Teléfonos de interese
    • Rede de oficinas
    • Calidade
  • Actualidade
    • Novas
    • Multimedia
    • Axenda
    • Newsletter - boletín das Rías Baixas
    • Plan Estratégico 2021-2023
    • Sustentabilidade
    • I Love Rías Baixas

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Rede de oficinas de Turismo das Rías Baixas
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Como chegar ás Rías Baixas
  • Teléfonos de interese
Copyright © 2025. Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos Aviso Legal Protección de datos Política de cookies Mapa web
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES
+34 986 804 100 +34 986 804 124