Fiestas en Rías Baixas

Turismo litoral

Combarro

Un conxunto de palleiras único en Galicia

O seu pequeno e tradicional núcleo urbano foi declarado Conxunto Histórico Artístico en 1972

É o mellor exemplo de arquitectura tradicional de Galicia: hórreos, cruceiros e casas mariñeiras fan deste pequeno centro histórico un dos recunchos con máis encanto das Rías Baixas. A versión máis aceptada á hora de explicar o topónimo é a súa vinculación coa raíz “comb”, que fai mención á curvatura da costa neste punto.

Combarro

Os seus hórreos ao pé do mar e os cruceiros das súas prazas fascinaron durante anos as e os milleiros de viaxeiros que sucumben á súa maxia

Combarro é un museo ao aire libre. Declarado Conxunto Histórico Artístico en 1972, as súas rúas empedradas, os seus hórreos ao pé do mar e os cruceiros que presiden moitas das súas prazas fascinaron durante anos as e os milleiros de viaxeiros que sucumben á súa maxia.

Aínda hoxe é un dos mellores exemplos que nos podemos atopar de arquitectura rural galega. As pintorescas casas mariñeiras da vila son estreitas, locen preciosos balcóns de pedra ou madeira e nalgún caso dispoñen dun soportal adornado con plantas onde fan vida as súas veciñas e veciños.

Combarro posúe un rico patrimonio etnográfico no que sobresaen os seus máis de sesenta hórreos, trinta dos cales se atopan pegados ao mar. Trátase dun conxunto de palleiras, único en Galicia, construídas en pedra ou madeira. Utilizábanse como celeiro ou despensa e ademais protexían as casas dos seus donos. A maioría data do século XVIII e XIX.

vilas mariñeiras...