Arte floral aos pés de Ponteareas
Con minucia. Con delicadeza. E, sobre todo, con dedicación. Así se preparan en Ponteareas as alfombras florais que, con motivo da celebración do Corpus Christi, levan o nome desta localidade por todo o mundo. Comeza a conta atrás para unha festa que combina arte e fervor relixioso.
A celebración do Corpus Christi de Ponteareas viu recoñecido o seu interese turístico internacional en 2009. Sobran as razóns. Quen acuda por primeira vez a este municipio descubrirá que a arte non sempre se atopa á altura dos ollos. É o caso das aplaudidas alfombras florais que, cada ano, engalanan os solos deste territorio de Pontevedra.
Respecto dos motivos artísticos que conforman os lenzos, destacan aqueles de carácter xeométrico e as grecas, que comezaron a debuxarse nas primeiras décadas do século XX.
As veciñas e veciños da localidade son os artífices dunha celebración que, desde mediados do século XIX, sorprende a quen a descobre ou repite a súa visita a Ponteareas; máis concretamente desde 1857, momento desde o que, por Corpus, as alfombras cobren ao redor dunha vintena de rúas.
Chuvia de pétalos
Horas de dedicación permiten confeccionar estes enormes tapices. Centos de miles de pétalos e flores conforman estas obras de arte efémera coas que se recibe o Santísimo Sacramento. Destacan especialmente os últimos preparativos do sábado ao domingo, cando o ritmo de traballo se intensifica para que, ao albor, as alfombras estean listas. O espectáculo de aroma e cor inúndao todo.
Xurdida en 1208, a festividade de Corpus Christi foise estendendo de modo paulatino por todo o mundo. En Ponteareas conta con características moi propias, coma a realización de varias paradas durante a procesión. A primeira ten lugar na praza Maior, escenario da alfombra máis grande. Outra destas pausas realízase na rúa San Gregorio, espazo no que antigamente se confeccionaba un cruceiro de madeira cuberto de fiúncho. O Santísimo continúa o seu paso acompañado por unha choiva de pétalos que, desde os balcóns, dan forma a un dos instantes máis peculiares desta festividade. Ponteareas tamén acolle alfombristas doutras zonas, entre as que destaca a vila canaria de La Orotava, que dá forma a unha alfombra con terras volcánicas do Teide.
Itinerario
O itinerario ten puntos clave coma a praza de Bugallal, a rúa de Oriente, a praza Maior, a rúa dos Ferreiros, a do Doutor Fernández de la Vega, a de Reveriano Soutullo ou a avenida da Constitución. Cómpre sinalar, neste sentido, que a súa orixe se sitúa na rúa de Abaixo ou rúa Real, e estendeuse desde alí a outras zonas.
As veciñas e veciños adoitan repartir a tarefa de confección das alfombras por portais ou baixos, e esfollan as flores para a súa posterior utilización. Cada persoa coñece a súa función, desde o almacenamento e a distribución dos pétalos ata a confección dos debuxos e o seu recheo. Precisamente, o deseño dos modelos é a primeira fase do proceso de elaboración que se realiza con meses de antelación. Unhas semanas antes da festa recóllense os vexetais e, posteriormente, as flores. Xa sobre o asfalto, o sábado pola tarde, colócase o modelo sobre o que se plasmarán os debuxos, que se cubrirá despois con flores.
A partir de los 90 se incorporó la exposición vitivinícola “Arbomostra” y en 1996 empezó a celebrarse la Fiesta de la Lamprea Seca el primer fin de semana de julio, organizada por los restaurantes del municipio, que se complementa con un interesante programa cultural y actividades.