Fiestas en Rías Baixas

Festas

Festa da Empanada da Bandeira

A Bandeira: capital das mellores empanadas

O popular prato prepárase cunha gran variedade de ingredientes nesta festa

Desde 1974, A Bandeira, en Silleda, presenta as empanadas máis orixinais nun evento no que profesionais da hostalería e veciñas e veciños se afanan por sorprender. Fano variando presentacións, experimentando con ingredientes ou buscando o sabor máis peculiar. E conségueno, pois na Festa da Empanada as persoas asistentes cóntanse por miles, especialmente no momento da cea, cando se degustan as variedades desta singular receita tan propia das Rías Baixas e de toda Galicia.

A Festa da Empanada supón unha homenaxe a unha das receitas máis populares de la gastronomía galega. Está organizado pola Asociación de Amigos da Empanada, encargada, ademais, de escoller as mellores empanadas de Galicia. En 2024 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional.

Fiesta de la Empanada de Bandeira
Fiesta de la Empanada de Bandeira

Ao longo do día, profesionais da hostalería local e veciñas e veciños achegan as súas elaboracións para que sexan expostas nas casetas do festival. Posteriormente ten lugar un concurso no que un xurado experto elixe as mellores empanadas. É, nese momento, cando comeza un dos momentos que máis singularizan a Festa da Empanada da Bandeira, unha cea popular na que decenas de peñas e familias degustan as distintas receitas de empanada.

Cada ano esta celebración sorprende pola súa orixinalidade, pois as e os participantes afánanse por mostrar as elaboracións máis sorprendentes, xa sexa polo seu sabor, polos ingredientes empregados ou pola presentación.

Fervenza do Toxa

A fervenza do Toxa, turismo de natureza

Na Bandeira, situada na Vía da Prata, na comarca de Deza , as e os visitantes poden gozar do turismo de natureza, con recursos entre os que sobresae a popular fervenza do Toxa.