Fiestas en Rías Baixas

FESTAS

Feira Franca

Ven ao medievo coa Feira Franca

Pontevedra celebra a súa festa de Interese Turístico de Galicia

O segundo fin de semana de setembro a cidade de Pontevedra fai unha viaxe no tempo ata a época medieval coa celebración da Feira Franca, declarada de Interese Turístico de Galicia no 2013, e unha das festas de época máis importantes das Rías Baixas. Esta celebración conmemora un feito que aconteceu no ano 1467, cando o rei Enrique IV concedeu ás e aos cidadáns o privilexio de poder celebrar durante un mes un mercado libre de impostos.

A localidade de Pontevedra enfráscase de cheo no medievo durante dous días de festexos nos que mestres artesáns, ferreiros, carpinteiros, redeiras, palilleiras ou músicos discorren polas engalanadas rúas e prazas máis emblemáticas da localidade do río Lérez. Esta celebración, para a que as e os cidadáns e visitantes preparan as súas vestimentas e organizan banquetes medievais, presenta unha programación con todo tipo de actividades.

As rúas da cidade ofrecen diversas representacións, como a do transporte do viño, recreacións de oficios, exhibicións de disciplinas de caza, deportes ou danzas, todo un abanico de posibilidades que inclúe tamén actividades infantís con xogos medievais, lendas ou as atraccións máis tradicionais. A inauguración da festa realízase coa chegada a cabalo dos pregoeiros ao centro histórico anunciando a nova edición da Feira Franca, e máis tarde, chegan os espectáculos.

Torneo medieval, recreación do transporte de viño e moito máis

A Feira Franca presenta múltiples actividades lúdicas infestadas de historia, que van desde a representación do transporte do viño ou o torneo medieval, ata espectáculos en Montero Ríos de cetrería, tiro con arco, exhibicións de música medieval, tamén con pasacalles, e danza ou esgrima. Esta última, con exhibicións noutras prazas como a Ferrería ou a Verdura. Miles de persoas, acoden a esta celebración vestidas de época, e forman parte deste espectáculo medieval, tornándose en protagonistas polas rúas e prazas decoradas con banderíns, escudos e outros motivos.

O transporte do viño é un dos pratos fortes, unha recreación que percorre as rúas de Santa clara, Sarmiento, Pasantería, e finalmente as prazas da Ferrería e a Peregrina. Outra das citas máis destacadas é o Torneo Medieval, que reúne tanto a público infantil, como adulto, un espectáculo feito a medida para poder gozar en familia e perfecto para gozar con amigos. 

 

Mejillones
Mejillones

Actividades infantiles e comercio local do medievo

A diversión para as e os pequenos da casa está asegurada, xa que hai todo tipo de actividades infantís en distintos recunchos da localidade. As lendas medievais enchen de maxia o centro histórico na praza de España hai atraccións medievais durante todo o día e campamento medieval.
O comercio invade as rúas da cidade cos mercados de alimentación, na Alameda, nos soportais da praza da Ferrería, en Pasantería e a praza de Curros Enríquez, e o mercado de artesanía na avenida de Santa María. A demostración de oficios e obradoiros do medievo desenvólvese na praza da Ferrería e a praza Peirao, onde as e os viandantes aprenden distintas profesións como a das texedoras de liño, as palilleiras, as redeiras, os carpinteiros, ferreiros, canteiros ou o curtidor de peles, entre outras disciplinas.