Fiestas en Rías Baixas

Festas

Festa da Langosta

Unha fin de semana de sabor a mar

A Guarda celebra a XXIX edición da Festa da Langosta os días 5, 6 e 7 de xullo
Fiesta de la Langosta

Mariscos e peixes protagonizan a gastronomía das Rías Baixas. En cada localidade os froitos do mar visten de gala os pratos, buscados por veciñas e veciños da zona e especialmente polos que visitan a provincia de Pontevedra. Aínda que estes manxares son célebres nas receitas locais durante todo o ano, a multitude de festas gastronómicas que teñen lugar nos meses de máis calor fai que cobren especial relevancia. A Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira é unha delas; espérate na Guarda os días 5, 6 e 7 de xullo de 2018.

O evento, que se desenvolve sempre a primeira fin de semana de xullo e foi declarado de Interese Turístico de Galicia, é moito máis que unha homenaxe culinaria á lagosta e a outros peixes e mariscos. O seu cartel integra, ano tras ano, cultura, tradición, actuacións musicais, espectáculos infantís ou visitas guiadas. Durante estas tres xornadas A Guarda convértese en epicentro das tradicións máis propias das Rías Baixas e nun tributo á vida mariñeira.

Por suposto, os restaurantes desta localidade de Pontevedra son outro punto neurálxico da celebración. Sobre a mesa, moitos son os convidados a unha festa cuxo protagonista é o aplaudido crustáceo da Guarda: percebes, peixe sapo, lagostinos, mexillóns, ameixas, navallas, vieiras, zamburiñas, gambas ou polbo destacan en numerosas elaboracións coma empanadas, paellas, espetadas ou tortillas.

A abundancia da lagosta nas costas da Guarda impulsou a organización desta festa á que hoxe acoden decenas de comensais. No menú non faltan os viños das Rías Baixas e as sobremesas tradicionais, entre as que destacan o roscón de xema ou as filloas.

Fiesta de la Langosta
Fiesta de la Langosta

Para ver e percorrer

No discorrer do Camiño Portugués da Costa, ademais de polo bo comer, esta vila mariñeira destaca polas súas vistas e recursos turísticos: casas indianas, fortalezas, contornas de interior e paisaxes fluviais suman atractivo a un municipio coñecido especialmente polo poboado castrexo de Santa Trega, un dos maiores enclaves arqueolóxicos da provincia de Pontevedra.