Fiestas en Rías Baixas

Festas

Festa da Auga

Diversión e moita, moita auga

Milleiros de persoas danse unha molladura colectiva en Vilagarcía de Arousa

En corenta anos Vilagarcía de Arousa viu como un berro espontáneo en metade dunha celebración pedindo auga á veciñanza se transformou nunha tradición declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Como tal, copa os medios de comunicación ese día grazas ó que ten de curiosa.

Fiesta del Agua

Cada mediodía do 16 de agosto a capela de San Roque recibe ó seu santo, levado en procesión desde a igrexa parroquial de Santa Olaia. Unha vez entra, de costas á igrexa e mirando sempre ás persoas fieis, empeza a festa.

Concello e igrexa non estaban de acordo ó principio, pero terminaron por aceptala e integrala nas festas de San Roque, converténdose en protagonista absoluta e no evento que máis poder de convocatoria ten nestas celebracións. Tras a lectura do pregón as rúas convértense nunha ducha colectiva coa axuda do corpo de bombeiros, protección civil e a propia veciñanza armados desde as xanelas e balcóns das súas casas con caldeiros e mangueiras.

Fiesta del Agua
Fiesta del Agua

Outra das procesións é a de San Roque Pequeno, que xa conta con máis de 100 anos de tradición. Ten lugar a véspera da Festa da Auga no propio barrio de San Roque e organízaa a veciñanza, tras desprazar a festa oficial á alameda e ó peirao. Durante a procesión vespertina, ás 8 da tarde, trasládase o santo á igrexa parroquial. As persoas que o portan levan traxe branco e faixa vermella e van acompañadas do cura e as autoridades.

Festa da Ameixa de Carril

Como toda festa que se prece en Galicia, vai acompañada da súa exaltación gastronómica, neste caso da ameixa de Carril. Celébrase desde 1992 e degústanse máis de 2.000 quilos de ameixas á mariñeira.

O peche das festas patronais póñeno o combate naval e o desfile de carrozas. O primeiro é un dos espectáculos pirotécnicos máis importantes da provincia de Pontevedra mentres que o segundo consiste nun desfile de charangas, grupos de animación e pasacalles con música tradicional. Atraccións, verbenas, concertos, actividades deportivas e salóns gastronómicos completan os días grandes de Vilagarcía de Arousa, nunha perfecta simbiose entre relixión e lecer.

Fiesta de San Roque Vilagarcía

Para os que desexen empaparse recoméndase asistir con vestimenta lixeira coma sandalias e traxe de baño e, se é posible, algunha roupa para cambiarse posteriormente, ademais de pór a recado calquera dispositivo electrónico susceptible de danarse coa auga.