Fiestas en Rías Baixas
Buscador
 
E ti, como viaxas?

Este Nadal saborea a Ruta do Viño

Buscas un obsequio especial que deixe pegada polo seu gran significado e orixinalidade? Na provincia de Pontevedra tes a posibilidade de regalar experiencias únicas e mergullar amigos e familiares no rico e sensorial mundo do viño. As adegas e establecementos asociados á Ruta do Viño Rías Baixas afrontan o Nadal con novidades e promocións deseñadas para gozar cos cinco sentidos.

Elixe algunha das subzonas de cultivo da uva albariña e aproveita a oportunidade de percorrer os seus viñedos, coñecer o proceso de elaboración do viño, as diferentes variedades que se comercializan, co albariño á cabeza, a apaixonante historia da Denominación de Orixe e a singularidade dos viños Rías Baixas, cheos de matices e aromas atlánticos. 

Descobre viñedos que se descolgan ata a beira do mar e aloxamentos e adegas rodeadas de impresionantes paisaxes e dun formidable patrimonio. Elixe o paquete que mellor se adapta aos teus gustos e goza dunhas festas únicas e inesquecibles.

 

bodegas Ruta do Viño Rías Baixas

Adegas Terra de Asorei (Meis) – "Camiñata Terra de Asorei"

Se che gusta o viño e che apaixona a natureza, este é o teu agasallo perfecto. Coñece por dentro esta adega do Salnés, que se define pola súa afouteza e autenticidade, e a continuación mergúllate na excepcional Ruta da Pedra e da Auga de sendeirismo. Durante tres horas e en compañía dunha persoa especialista realízase a camiñada antes de regresar ás instalacións para participar nunha cata e saborear un petisco.

Contacto: 986 680 868 / info@terradeasorei.com

Bodegas Terras Gauda (O Rosal) – "Descubre Gauda"

Nesta adega do Rosal prométenvos experiencias irrepetibles. Tras a benvida ás instalacións, percorrerás os viñedos nun “enovehículo” e logo poderás descubrir todos os segredos do proceso de elaboración dos seus recoñecidos viños. Para finalizar a viaxe, o equipo ofrece unha cata comentada de tres viños cun aperitivo.

Contacto: 986 621 045 / enoturismo@terrasgauda.com

Novavila Rías Baixas (Meis) – Bono "Experiencia Novavila"

Descanso, gastronomía e enoturismo únense nesta experiencia, que consta dunha estancia dunha noite para dúas persoas con cea de benvida con produtos da zona e degustación de viños da D. O. Rías Baixas  e un brunch. O seu persoal sempre sorprende con algún obsequio, neste caso un mikado de esencia de albariño.

Contacto: 609 111 023 / info@novavilariasbaixas.com

Bodegas Ruta do Viño Rías Baixas

Mar de Frades (Meis) – "Mar de Frades inconquistable"

Unha experiencia única que marida a cociña de fusión cos praceres do seu albariño atlántico. Visita o viñedo Finca Valiñas, situado nunha atalaia fronte ao mar, e goza do percorrido guiado pola adega. Ao finalizar, unha maridaxe dos seus viños cunha proposta gastronómica deseñada polos chefs de Arzábal.

Contacto: 986 680 911 / 637 479 469 / info.mardefrades@zamoracompany.com

Aldea Borbóns (Sanxenxo) - Enoturismo en una aldea rural

“Só o auténtico che fará sentir a gusto nunha aldea de pescadoras”: así se presenta esta casa rural que che fará gozar ao máximo do Salnés. A súa promoción inclúe dúas noites de aloxamento con almorzo cunha cea incluída. Ademais, poderás realizar unha visita á Adega  Eidos, onde poderás coñecer o proceso de elaboración dos viños Rías Baixas e probalos.

Contacto: 619 618 481 / info@aldeabordons.es

Pazo Quinteiro da Cruz (Ribadumia) – Experiencia sensorial con albariño y camelias

Este agasallo reúne dous dos elementos máis recoñecibles da enogastronomía e da natureza das  Rías Baixas: os seus albariños e as camelias. Visita o xardín botánico do pazo Quinteiro da Cruz, onde gozarás dunha completa experiencia sensorial grazas aos aromas, texturas, sabores e cores das camelias e do albariño da súa adega.

Contacto: 619 110 806 / info@pazoquinteirodacruz.es
 
Bodegas Ruta do Viño Rías Baixas

Bodega Gil Armada (Cambados) – O pazo de Fefiñáns  e o mar de Cambados

Na capital do albariño poderás gozar dunha exclusiva visita ao pazo de Fefiñáns, situado no centro do impresionante centro histórico de Cambados. Coñecerás os seus salóns, a torre e os seus viñedos históricos antes de catar os albariños Gil Armada. A experiencia complétase coa intención de coñecer o traballo das mariscadoras de Cambados, que recollen os moluscos da súa ría.

Contacto: 660 078 252 / gilarmada@pazodefefinans.com

Bodegas Granbazán (Vilanova de Arousa)

1. Goza da gastronomía galega. Viaxe gastronómica que comeza cunha visita aos viñedos e á adega, edificio singular que destaca pola súa arquitectura neoclásica. Realizarase  unha cata comentada dos albariños Granbazán e, para finalizar con bo sabor de boca, ofrecerase un fantástico cocido elaborado polo seu propio equipo de cociña.
 
2. Mergúllate na cultura do viño. A xornada comeza cun agradable paseo polo impresionante viñedo e unha visita á adega, un edificio de arquitectura singular que conta con distintos espazos. Para finalizar ofrécese unha cata comentada dos viños Granbazán acompañada dunha selección de conservas gourmet de peixe e marisco da marca Granbazán. 
 
Contacto: 986 555 562 / 619 118 381 / enoturismo@agrodebazan.com / eventos@agrodebazan.com

Pazo Baión (Vilanova de Arousa) – Viños de pago 

Pazo Baión é un predio singular cunha localización única no val do Salnés e cuxos orixes se remontan ao século XI. Esta insigne propiedade de 30 hectáreas de superficie posúe un dos viñedos máis espectaculares das Rías Baixas. Percorre as vides e a adega e finaliza a visita cunha degustación comentada de tres albariños cunha maridaxe de produtos galegos.

Contacto: 636 800 234 / enoturismo@pazobaion.com

 

Adega Eidos (Sanxenxo) – Experiencia sensorial
Este paquete  ofrece unha completa experiencia sensorial para dúas persoas. Descubre a adega situada nunha das vilas máis representativas das Rías Baixas. Goza dunha visita guiada cunha cata comentada de catro viños para analizar a fase visual, a olfativa e a gustativa. Acompáñanse os albariños cun pastel de produtos da ría galega.

Contacto: 664 444 334 / enoturismo@adegaeidos.com
 
Bodegas Ruta do Viño Rías Baixas

Pazo Señoráns – Experiencia Pazo Señoráns

Goza dunha visita completa ao pazo, á adega, aos viñedos e á súa destilería. Tradición e calidade únense para ofrecerlles ás persoas visitantes unha experiencia única ao redor dos viños Rías Baixas. A xornada finaliza cunha cata de tres viños e dúas augardentes acompañadas por unha selección de conservas Frinsa.

Contacto: 986 715 373 / info@pazodesenorans.com
 

Pazo de Rubianes (Vilagarcía de Arousa) – Maridaxe atlántica

Realiza unha visita guiada ao espectacular pazo do século XVIII e á capela do século XVI e pasea con tranquilidade polo seu Xardín de Excelencia Internacional de Camelia. A experiencia inclúe un percorrido polos viñedos e acaba coa degustación do viño albariño Pazo de Rubianes maridado con conservas artesanais de Los Peperetes. Sen dúbida, unha experiencia única! 

Contacto: 619 261 847 / info@pazoderubianes.com

 
Bodegas Ruta do Viño Rías Baixas

Bodega Martín Códax (Cambados) – "Martín Códax, o trobador"

Convida a túa familia e amizades a realizar unha visita guiada á adega que toma o nome do máis soado trobador galego e que vos permitirá coñecer de cerca todo o proceso de elaboración dun albariño e as características polas que é un viño tan singular marcado polo territorio. A experiencia complétase coa degustación de tres viños na súa impresionante galería con vistas á ría maridados con tres queixos galegos. 

Contacto: 986 526 060 / enoturismo@martincodax.com

Bodegas La Val (Salvaterra de Miño) – Enoturismo y gastronomía La Val

Realizarás unha visita moi completa aos viñedos e á adega, coa degustación dos seus cinco viños e un variado aperitivo. A continuación, mergúllate de cheo na gastronomía galega cunha comida na adega maridada cos viños elixidos. Requírese un grupo mínimo de 8 persoas. 

Contacto: 670 910 284 / 986 610 728 / ana@bodegaslaval.com