Cepas que producen ouro
A Denominación de Orixe Rías Baixas recibe o nome da zona onde se atopa emprazada: o sur das rías galegas, coincidindo en extensión coa provincia de Pontevedra. Este lugar caracterízase por un clima atlántico e suave, benévolo para a produción destes viños que harmonizan á perfección co peixe, o sabor do marisco e as últimas creacións da cociña do mar. Os viños da D. O. Rías Baixas son ideais para gozarse nun aperitivo ou formando parte da máis refinada gastronomía.
Existen cinco subzonas dentro desta denominación de orixe, con diferentes características (O Val do Salnés , Condado de Tea, Soutomaior, O Rosal e Ribeira do Ulla) e onde a elaboración dos viños se realiza exclusivamente con uvas das seguintes variedades:
- Variedades preferentes brancas: albariña, loureira branca ou marqués, treixadura e caíño branco
- Variedades preferentes tintas: caíño tinto, espadeiro, loureira tinta e sousón
- Variedades autorizadas brancas: torrontés e godello
- Variedades autorizadas tintas: mencía, brancellao, pedral e castañal
Os viños brancos da Denominación de Orixe Rías Baixas son viños secos de aromas punzantes, florais e intensamente afroitados, cun retrogusto moi fino e prolongado. Os viños do tipo O Rosal e Condado de Tea distínguense por levar na súa composición as variedades de loureira e treixadura, respectivamente. Posúen intensos aromas e unha lixeira acidez, pero son agradables e atractivos.
O enoturismo das Rías Baixas está recoñecido a nivel internacional, e é que As Rías Baixas é un territorio de sabor no que os viñedos suman un cromatismo único ás fermosas paisaxes que posúe.
Brinde con viño branco AlbariñoMáis información no Consello Regulador D. O. Rías Baixas: www.doriasbaixas.com