Patrimonio Arquelógico
Buscador

Enogastronomía

Os viñedos da provincia de Pontevedra salpican a costa, os vales e as montañas preto do Miño, o Ulla, o Umia ou o Verdugo, e forman unha paisaxe única no mundo. Deles sae a uva coa que as adegas das Rías Baixas producen viños de fama internacional.

Das augas e os fondos das rías, co seu sinuoso trazado, e no mar aberto fronte ás costas da provincia de Pontevedra extráense e captúranse os mellores mariscos e peixes, que se venden frescos na lonxa, mentres no campo as familias, cooperativas e empresas que traballan na agricultura e na gandería producen exquisitas carnes e outros alimentos co selo deste destino gastronómico e turístico.

Cinco denominacións de orixe (viños Rías Baixas, Mexillón de Galicia, queixos de Tetilla e Arzúa-Ulloa, e Pementos de Herbón) premian a calidade da materia prima das Rías Baixas, do mesmo xeito que as trece indicacións xeográficas protexidas doutros produtos estelares da gastronomía da provincia. Cinco restaurantes con Estrela Michelin e oito con Soles Repsol son, ademais, unha extraordinaria carta de presentación das e dos chefs deste territorio, que innovan á vez que gardan a esencia da cociña tradicional.

Os Festivais Rías Baixas proxectan a gastronomía de Rías Baixas ao mesmo nivel que os concertos de grandes bandas e as actividades de lecer. Grandes chefs e artistas conviven nos fogóns, xunto aos escenarios, para ofrecerlle pratos ao público, nunha síntese perfecta de harmonía entre música e cociña nas Rías Baixas.

Festival PortaméricaPepe Solla e Yayo Daporta no Festival PortAmérica
Rafa CentenoRafa Centeno de Maruja Limón

Eventos como o Salón Gourmet Etiqueta Negra e o Vigo Sea Fest son grandes escaparates da gastronomía máis auténtica, e as festas de Interese Turístico Nacional e de Galicia ao redor desta riqueza congregan comensais de todas as latitudes.

Mergúllate na enogastronomía de Rías Baixas e prepárate para vivir unha experiencia memorable.